Skip to Content

Blogues

Nadal

 

Desexos de todo o colexio para este Nadal

 

Fai clic na imaxe

 

Recursos para o Día Internacional das persoas con discapacidade

 

Na imaxe podedes atopar recursos para traballar o día das persoas con discapacidade na aula.

 

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No seguinte enlace podedes ver unha selección de propostas para traballar na aula o 25N e a actividade realizada polo alumnado coa canción "La puerta Violeta" de Rozalén.

Fai clic aquí 

 

MAGOSTO 2020

Na primeira quincena do mes de novembro, conmemoramos o outono e o Magosto no colexio. Este ano foi diferente e fixemos diferentes actividades.

Na imaxe podes ver os arcimboldos de outono feitos polo alumnado de infantil e 1º.

O alumnado tamén recitou poemas, retahílas, cancións... sobre o outono e o magosto (Vídeo)

E por último o alumnado de 5º e 6º de primaria fixeron un recetario onde o ingrediente principal foi a castaña. O libro xa está dispoñible na biblioteca do cole. 

 

 

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria. De conformidade con esa Orde, todo o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar, será directamente beneficiario das máscaras. O resto do alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material por diferentes circunstancias, pero pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€, ou familias ás que lle cambiara a situación, deberán presentar solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, no portal educativo ou na secretaría do centro. O prazo de solicitudes será ata o 27 de novembro incluido.

HORARIO BIBLIOTECA CURSO 2020-2021

Horario uso Biblioteca Curso 2020-2021

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:45-9:35

 

 

PRÉSTAMO 5º PRIMARIA

 

 

9:35-10:25

 

 

 

PRÉSTAMO 4º-5º INFANTIL 

 

10:25-11:15

 

 

 

PRÉSTAMO 4º PRIMARIA

 

11:15-11:45

PECHADO

PECHADO

PECHADO

PECHADO

PECHADO

11:45-12:05

HORA DE LER

HORA DE LER

HORA DE LER

HORA DE LER

HORA DE LER

12:05-12:55

EQUIPO BIBLIOTECA

 

EQUIPO BIBLIOTECA

PRÉSTAMO 6º INFANTIL

PRÉSTAMO 3º PRIMARIA

12:55-13:45

PRÉSTAMO 2º PRIMARIA

PRÉSTAMO 6º PRIMARIA

PRÉSTAMO 1º PRIMARIA

 

 

COTO DO GATO 2020

Xa temos a revista escolar "COTO DO GATO 2020".

Preme para vela

REVISTA

ADMISIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas están admitidas de forma definitiva

QUENDAS ENTREGA SOLICITUDE FONDO DE LIBROS E RECOLLIDA DE MATERIAL

 

Do 1 ó 5 de xuño organizaremos a entrega de solicitudes do fondo de libros e recollida de material que teñades no centro.

Cubride a solicitude seguindo as instrucións e revisade que estean todas as firmas no anexo de comprobación de datos.

No arquivo adxunto podedes atopar o horario establecido

ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

PRAZO DENDE 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO, AMBOS INCLUIDOS.

Tedes toda a información na ligazón edu.xunta.es/fondolibros

Presentarase unha solicitude por familia onde se cubren os datos dos,-as fillos,-as que cursarán estudos no centro o próximo curso.

Podedes presentala na sede electrónica ou cubrir a solicitude e entregala presencialmente no centro. Para facer a entrega da solicitude e devolver os libros do fondo que teñades na casa estableceranse uns turnos por días e horas respectando as medidas sanitarias.

Enviaremos unha mensaxe por Abalar e publicaremos na web as quendas para facelo. Ese mesmo día levaredes o material dos vosos,-as fillos,-as que quedou no centro.

Nos arquivos adxuntos tedes os anexos para descargar e a información relativa da documentación a presentar. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut