Prazo de presentación: Antes do 22 de xuño
Convocatoria: Orde do 6 de maio de 2021 (podedes atopar as instrucións nos documentos adxuntos)
Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º de EP. Os cursos 5º e 6º de EP están excluídos porque están incluídos no proxecto E-DIXGAL.
Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.
Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º)
Presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros(https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro.
Documentación necesaria (podedes atopar so anexos nos documentos adxuntos ou solicitalos na secretaría do centro)
Anexo I debidamente cumprimentado.
Anexo II: Autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante. Debido o cambio da normativa solicitarase tamén o consentimento expreso para a consulta da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, ou a falta desta, o certificado tributario de imputación do exercicio 2019.
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.