Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

 

Tras a reunión da Xunta Electoral do 12 de novembro nas instalacións do centro, a presidenta explica que:
 
*Proclámanse dúas candidatas como representantes dos pais/nais.
*Elíxense dúas candidatas para a renovación dos representantes no Consello Escolar
Votación:
-Horario: De 16'15h. 17:45h o martes 19 de Novembro de 2024.
-Lugar: Comedor escolar
 
 
 
 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS E CONCRECIÓN CURRICULAR CURSO 2024/25

Acceso público a través da aplicación PROENS ás Programacións didácticas de E. Infantil/E. Primaria e á Concreción curricular a través do seguinte  enlace e insertando o código do centro 36016942

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2024/2025

Un curso que vai a estar cheo de aventuras, emocións, retos, esforzo, compañerismo, traballo, ilusións.... Comezamos!!

 
 

MATERIAL 1ºCICLO DE E. PRIMARIA CURSO 24-25

No arquivo adxunto podedes atopar as listaxes de material para 1º e 2º de Educación Primaria.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

 No arquivo adxunto aparecen os libros de texto para o curso 2024-2025.

 
 
 
 
 
 
 
 

PUNTO LARANXA

Informamos a toda a comunidade educativa da implantación do Punto Laranxa no centro, tanto de forma física (caixa de correo na entrada do cole)  como caixa virtual (na web do cole).

Trátase dun espazo onde calquera persoa pode comunicar de forma totalmente anónima unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Estará xestionado polo equipo ACAE (Actuación contra o acoso escolar), e así o alumnado terá un equipo de referencia ao que dirixirse.

Os asuntos que comentedes serán tratados co máximo respecto, discreción e confidencialidade.

NON QUEDES CALADA/O, ESCOITÁMOSTE!!

ÁBRESE O PRAZO DE FONDO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR (21 DE MAIO-21 DE XUÑO)

Poden atopar toda a información no ficheiro adxunto

               

CONCRECIÓN CURRICULAR

BECAS ALUMNADO NEAE 2024/2025

 

Para ter máis información PICA na imaxe.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMISIÓN DEFINITIVA

Hoxe publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2024-2025.

Podedes acceder cun certificado electrónico en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado para ver a publicación.

O alumnado que solicitou praza para 4º de E.I, 1º de E.P, 4º de E.P, 5º de E.P e 6º de E.P foi admitido de forma definitiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut