A pesar desta situación que estamos a vivir, as novas remitidas pola Consellería son que se vai levar a cabo a 2ª avaliación con data do venres 13 de marzo.
As titoras e mestres especialistas avaliarán os contidos traballados ata ese momento. Pero tede en conta que, o único que todo o profesorado do centro queremos transmitir a cada unha das familias do noso alumndado, é moitísima tranquilidade, xa que somos conscientes das prioridades que deben existir actualmente nas casas. Esperemos saír desta situación o antes posible sen vernos demasiado afectados por todo o que nos toca vivir e confiade en que cando volvamos reencontrarnos tentaremos facer todo o que estea nas nosas mans para voltar á normalidade.
Para acceder ás cualificacións d@s vos@s fill@s tedes á vosa disposición abalar móbil. O seguinte enlace contén unha guía para descargar a aplicación e os pasos a seguir para rexistrarse.
A aplicación está tanto en Play Store como en Apple Store.
As cualificacións da 2ª avaliación estarán dispoñibles o venres 3 de abril, a partir das 14:00h, no apartado "Consultar cualificacións" da aplicación.
Na páxina de abalar móbil tamén tedes acceso a "Respostas a preguntas frcuentes". Premede aquí.
Ante calquera dúbida ou dificultade non dubidedes en poñervos en contacto con nós no enderezo ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.gal
Estamos a vosa disposición para o que precisedes.
MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!!!!