O venres día 13 de maio o alumnado , o profesorado e algúns pais e nais participaron na CARREIRA SOLIDARIA para favorecer a investigación contra a LEUCEMIA INFANTIL. Carreira promovida pola Fundación “Unoentrecienmil”.
O alumnado por cursos fixo unha carreira que foi moi alentada por todos/as os participantes.
Baixo o lema " Todos/as xuntos somos máis fortes" todos /as os participantes fixeron a carreira con ganas e entusiasmo.
Dende o colexio e a Fundación Uno entre cien mil agradecemos os donativos e as ganas postas nesta actividade.
¡MOITISIMAS GRACIAS A TODOS/AS POLA PARTICIPACIÓN E AS DOACIÓNS!