O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, consta de charlas na que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).
Hoxe no centro, o alumnado de 5° e 6° de Educación Primaria recibiu unhas charlas sobre as novas tecnoloxias nas que se explicou os perigos das redes socias asi como tamén dos videoxogos. Por outra banda, recibiron ademais información sobre o acoso escolar e como debemos actuar tanto se somos nós os acosados como si o é algún dos nosos compañeiros ou compañeiras.
Moitas gracias pola vosa colaboración en dar visibilidade a problemas que están tan presentes na nosa sociedade e poder ter ferramentas de como enfrentalos.