Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

MATERIAL CURSO 2023-2024

O material para o vindeiro curso indicarase os primeiros días de setembro.

Se algunha familia non conseguise todo o material ao comezo do curso que non se preocupe.

LIBROS DE TEXTO DE 1º E.P A 4º E.P CURSO 2023-2024

Relación de libros de texto de 1º E.P a 4º E.P.

5º  e 6º de Educación Primaria non teñen libro ao seguir en E-DIXGAL.

CORES PARA OS MANDILÓNS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Este curso xa se comezou a pedir que cada curso de infantil tivese unha cor para o mandilón polo que para o vindeiro curso 2023-2024 continuarase.

As cores dos mandilóns son:

Aula de 3 anos: mandilón de cor azul

Aula de 4 anos: mandilón de cor vermello

Aula de 5 anos: mandilón de cor verde

Apertura de prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (código de procedemento  ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2023)

Prazo e lugar de presentación

Do 20 de maio de 2023 ata o 21 de xuño de 2023 (incluídos).

As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderánse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos  na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderánse empregar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Beneficiarios

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
 

  1. Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (no caso do noso centro educativo, xa que 5º e 6º teñen E-Dixgal).
  2. Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  3. Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial

 
 
Impresos cubertos e asinados,xunto coa documentación complementaria

  1. Anexo I
  2. Anexo II
  3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  4. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Segundo a situación particular de cada familia poderáse precisar a aportación de documentación a maiores, ver a orde.

 

Visita do alumnado de 3° e 4° de primaria á Granxa Escola

Hoxe o alumnado de 3° e 4° de primaria gozou dun estupendo día na Granxa Escola de Castropol. 

As imaxes valen máis que mil palabras!

Charla sobre nutrición

Hoxe o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria asistiron á charla de alimentación saudable organizada por Ecocomedores para a que viu unha nutricionista.

Charla sobre piragüismo

Esta semana recibimos a visita do adestrador Cabodevila xa que un ano máis quixo volver ao noso centro para dar a coñecer entre o alumnado de 5° e 6° de primaria  o piragüismo.

O alumnnado interesouse moito por este deporte que para moitos e moitas é un gran descoñecido.

Concerto de Paco Pakolas

Paco Pakolas deu un concerto o pasado xoves 11 de maio a todo o alumnado do colexio no salón de actos da Casa da Cultura do Concello.

Bailaron ao ritmo do rock máis divertido!

Visita do alumnado de 1°e 2° de primaria á Granxa Escola

O venres o alumnado de 1° e 2° de primaria xunto coas súas mestras foron a Castropol para visitar a Granxa Escola onde aprenderon e desfrutaron ao mesmo tempo.

Clicade no seguinte vídeo e observade as caras de ledicia que tiñan!

Xogando coa robótica

O alumnado de 6° de primaria desfruta deseñando e creando figuras en 3D e robots na súa aula.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut