Skip to Content

CEIP PLURILINGÜE SANTA MARÍA DO VALADOURO

                                                                                                                                                                            

 Colexio Público Plurilingüe de Educación Infantil e Primaria

Teléfono: 982 828 872

 R/Deputación, 7– Ferreira

27770 Valadouro (O) Lugo   

 

                

Exposición de arte efímera

Este ano o centro está tratando de levar a cabo un proxecto colaborativo onde imos investigar distintos aspectos relacionados co coñecemento do Valadouro e a súa contorna, prestando especial atención a conservación do patrimonio material e inmaterial.

É por iso que realizamos hai unhas semanas saídas pola contorna para observar a natureza en canto a árbores e especies autóctonas, e a partir destas saídas realizar unha exposición de arte efímera.

Nesta exposición participou todo o centro e respresentaron con elementos da natureza cadros, personaxes ou paisaxes do outono.

No seguinte código QR podedes atopar imaxes de dita actividade.

Benvid@s!!!

XA ESTAMOS DE VOLTA NO COLE!

BENVIDOS DE NOVO AO COLE CEIP SANTA MARÍA DO VALADOURO!!!

DE SEGURO QUE ESTE ANO ÍMOLO PASAR XENIAL XOGANDO, APRENDENDO E DESCUBRINDO UN MONTÓN DE COUSAS!!

A BIBLIOTECA OMEZARÁ A SÚA ANDAINA O 24 DE OUTUBRO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS XA QUE ANTES ESTAMOS DÁNDOLLE UNHA VOLTIÑA PARA QUE SE PODA APROVEITAR MOITO MELLOR...

MENTRES TANTO SEGUIREMOS INFORMANDO...

UN SAÚDO DE MEL DENDE A BIBLIOTECA

 

Punto Laranxa

Xa está a disposición do alumnado o Buzón Laranxa.

Esta ferramenta permite comunicar ao centro as posibles incidencias e conflictos entre os alumnos para así evitar posibles casos de bulling ou acoso escolar.

Para enviar os vosos comentarios/denuncias tédelo dispoñible na pantalla principal, na barra lateral dereita, abaixo de todo.

Rogamos a vosa colaboración e responsabilidade nos comentarios que fagades. 

ORDES DO MECO

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO. COMPARTIMOS CON VÓS AS INDICACIÓNS DO MECO PARA O QUE TEDES QUE TRAER CADA DÍA DA SEMANA. LEMBRADE QUE O DISFRAZ É ACUMULATIVO

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

O martes 31 de outubro celebramos pola mañá o Samaín así que viñemos ao centro disfrazados e na que días antes estivemos recibindo as vosas vasoiras terrorificamente decoradas e pola tarde...comimos unhas ricas castañas para celebrar así o noso magosto.

 

OBRADOIRO SOBRE INSTRUMENTOS MUSICAIS

O venres 27 de outubro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de descubrir a evolución dos diferentes instrumentos musicais típicos da nosa terra da man de Rosa Sánchez e de Pablo Carpintero.

Un pracer que viñesen ao noso centro!

ACTUACIÓN POLA IGUALDADE

O xoves 26 de outubro puidemos presenciar a actuación de Sue Moreno para reivindicar a igualdade.

Foi todo un espectáculo podela ver!

 

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS, 25 DE OUTUBRO

O mércores 25 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas coa visita ao colexio do escritor Lionel Rexes para falarnos sobre o seu libro "Ditos e refráns do Valadouro", da metodoloxía empregrada para recuperar estes refráns que tan curiosos non resultaron.

QUE RICO ESTÁ O MEL!

O pasado mércores 11 de outubro todo o alumnado do colexio asistiu ao salón de actos da Casa da Cultura do Concello a unha charla sobre o mel na que puideron ver e escoitar cousas moi interesantes ademais de saborear este rico produto a cargo de Felipe, delegado na Mariña da Asociaición Galega de Apicultura.

Grazas Felipe por facernos partícipes do teu saber!

 

 

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos son:

- Venres, 13 de outubro de 2023

- Luns, 20 de maio de 2024.

 

ESTES DÍAS NON HABERÁ CLASE.

Distribuir contido


by Dr. Radut