Complementarias

Pupas, sustos e outros disgustos!

Recibimos a visita dos enfermeiros do programa "Pupas, sustos e outros disgustos" e aprendemos moitísimo sobre primeiros auxilios.

Día do libro

Este curso para conmemorar o Día do libro creamos as nosas propias historias mesturando os títulos de contos tradicionais, creando historias tales como: "Peter Pan no fondo do mar", "Riciños de ouro e a lámpada marabillosa", " Aladino e Pepito Grillo", "Pinocho e a casa de chocolate", ...

Escribimos os libros e fixemos as ilustración dos mesmos e despois saímos polo pobo a repartir copias asinadas dos mesmos entre os veciños, de agasallo tamén repartimos rosas vermellas.

Esperamos que vos gusten!

 

Día da Educación Física na rúa

Saímos por Entrimo para facer Educación Física, movémonos moito e sentímonos mellor! Gracias por acompañarnos.

 

Distribuir contido