DÍA DO LIBRO 2018!!

Este curso para celebrar o Día do libro empregamos unha colección de libros baseada nas emocións. Fixemos catro grupo que debían facer unha actividade diferente con cada libros: un debuxo, un resumo, poñerlle outro título en inglés e facer un poema relacionado coa emoción traballada. 

Os mestres convertémonos en xurado por un día e decidimos cal foi o grupo gañador que levou unha "exquisita recompensa". o equipo gañador foi o verde.

Concurso da "Festa do peixe" de Bande

Estas son algunhas das nosas aportacións para o concurso de debuxo que nos propuxeron dende o Concello de Bande para a celebración da súa ·Festa do peixe".

Actividade para concienciar da importancia dos montes!!!

O MONTE É NOSO, NÓS DECIDIMOS!!

O pasado 19 de abril tivemos a sorte de poder disfrutar dun contacontos que serviu para concienciarnos da importancia de coidar os nosos montes para evitar os incendios, despois da entretenida historia de Xuri, un corzo perdido por causa dun lume, fixemos unha serie de actividades relacionadas coa historia: primeiro escribimos unha "nota de prensa" sobre o suceso, e despois saímos ó patio a facer xogos de rol relacionados co tema.

 

Distribuir contido