Actividades para infantil durante a cuarentena

 

ACTIVIDADES  QUE SE SUXIREN PARA A CORENTENA.

LECTOESCRITURA

1.      Lerlle un conto cada día. Podedes buscar en youtube contos para a idade dos vosos fillos/as e hai un montón.

Facer un debuxo dese conto.

Actividades para recortar coas tesoiras, imaxes dun xornal, dunha revista…

Facer puzzles

Xogar coa plastilina, se non tedes plastilina, podedes facela caseira, co auga e fariña. Ou tamén facer slime, todos os alumnos e alumnas saben a receita.

Escoitar cancións e bailalas.


LÓXICA-MATEMÁTICA

Contar os xoguetes que teñen

Contar cara adiante e cara atrás

Facer sumas e restas con obxectos que teñan na casa. Que en total sumen como máximo 10 por exemplo. 5+3=8 . 4+6=10

Clasificar os xoguetes segundo a forma as cores …

PSICOMOTRICIDADE

Aproveitade para que se movan, que bailen, canten, xoguen…

Hai moitas actividades en youtube, yoga para nenos, zumba, cantajuegos…

Estas actividades son voluntarias, podedes modificalas como queirades e adecualas a cada situación.

Os mestres.