FESTIVAL DE NADAL: "MUÑECO DE NIEVE EN NAVIDAD"

No festival de Nadal, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Infantil ofrecéronnos a canción "Muñeco de nieve en Navidad".

Esperamos que vos gusten!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA!!!

Hoxe tivemos un contacontos en familia para os nenos e nenas de Infantil!! Os papás de Sofia e Irene viñeron a contarnos uns contiños: A Cebra Camila e os Chivos Chivóns. Encantáronnos!!

Moitas grazas, Teresa e Enrique, pola vosa colaboración!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

HOXE VISITOUNOS VILMA, A BIBLIOTECARIA DO CEBREIRO!!!

Hoxe tivemos sesión de contacontos; visitounos Vilma, a bibliotecaria do Cebreiro; un dos personaxes do Caderno de Sophie.Contounos dous contos chulísimos: A partes iguais e Viches o león?, da editorial OQO.

Pasámolo xenial!!!. Moitas grazas Vilma!!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

FALAMOS CON PAPÁ NOEL!

Os máis pequenos tiveron a oportunidade de falar con Papá Noel e encargarlle unha morea de regalos.

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

CELEBRAMOS O DÍA DA CONSTITUCIÓN!!

O día 6 de decembro celebramos o Día da Constitución. Fixemos un mural onde os nenos e nenas estamparon as súas mans e escribiron algúns dos dereitos recollidos na Constitución de 1978.

Tamén poidemos disfrutar dunha obra de teatro representada polos alumnos e alumnas de 5º. Gustounos moito!!!

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aproveitando a celebración do día Internacional da Violencia de Xénero organizamos o noso particular "Mannequin Challenge" co seguinte resultado. Esperamos que vos guste.

 

DÍA DA BIBLIOTECA!!

O 24 de Outubro celebramos o Día da Biblioteca!!

O mestre de Música, Carlos e a mestra de Audición e Linguaxe, Ana Belén contáronnos o conto de Paco Papán e cantáronnos a canción acompañada de Linguaxe de Signos.

Pasámolo xenial!!!! Moitas grazas profes!!!

 

Untitled from Mariola on Vimeo.

IMOS ÓS COGOMELOS!

Grazas a colaboración de varios membros da Asociación de Amigos da Fonsagrada, os rapaces e rapazas recibiron unha charla informativa sobre os cogomelos no antigo Concello. Ademais puideron coñeceron unha multitude de especies, entre as cales había algunha moi curiosa.

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

FIXEMOS UN CONCURSO PARA ELIXIR NOVA MASCOTA PARA A BIBLIOTECA!!!

Fixemos un concurso para elexir nova mascota para a biblioteca. Os nenos e nenas elaboraron os seus debuxos. Aqui podedes ver unha selección deles e o que resultou o debuxo gañador: O LABÚHO!!

 

Untitled from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido