Programa ATREVETE!

O 17 de Marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, acudiron ao CIFP Politécnico de Lugo. Coa finalidade de participar no Programa ATREVETE.

Tiveron a oportunidade de coñecer diferentes saídas profesionais, que se ofertan neste centro.

Gustoulles moito esta experiencia!

A continuación, podedes ver un pequeno exemplo das actividades nas que tiveron a oportunidade de participar.

Untitled from ceip santa maria on Vimeo.

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o Día da Poesía!!!

Para conmemorar este día, traballamos en coordinación co CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo. Os alumnos e alumnas dese colexio, prepararon e elaboraron poemas relacionados co mar, e nós pola nosa parte, investigamos sobre poemas relacionados coa montaña e co pobo de A Fonsagrada.

Hoxe fixemos unha videoconferencia, na biblioteca, para poñer en común os poemas elaborados por cada centro.

Encantounos a experiencia!!!

Agradecemos moito á colaboración dos mestres e mestras do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, así como a todo o seu alumnado.

Día da poesía from ceip santa maria on Vimeo.

TRABALLAMOS OS DEREITOS HUMANOS

A semana pasada visitáronnos ISHR (INTERNATIONAL SOLIDARITY FOR HUMAN RIGHTS) para falarnos dos Dereitos Humanos. Explicáronnos a súa labor e puidemos ler algúns contos que nos trouxeron, e ata houbo quen se animou a cantar.

Podedes ver, a continuación, un anaquiño da actividade...

 Untitled from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Aproveitando que o Día da Muller Traballadora coincide coa Semana da Prensa, decidimos entrevistar a Xiana Arias, xornalista, escritora e poeta nacida na Fonsagrada.

Fixemos unha videoconferencia con ela e os nenos puideron facerlle unhas cuantas preguntas.

Podedes ver, a continuación, un pequeno fragmento da entrevista.

Moitas grazas Xiana, pola túa colaboración!! 

 

Entrevista a Xiana Arias from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

SEMANA DA PRENSA

Celebramos a Semana da prensa!!!

Montamos un pequeno quiosco na biblioteca do cole, con revistas e xornais.

Semana da prensa from Mariola on Vimeo.

VISITAMOS A RESIDENCIA DE MAIORES DE POBRA DE BURÓN

Hoxe visitamos a residencia de maiores da Pobra de Burón, parroquia situada a 3 km da Fonsagrada.

Acudimos cos alumnos e alumnas de 5º de Primaria, que representaron unha pequena obra de teatro.

Esta actividade forma parte do Programa Bibliotecas Solidarias, modalidade lecturas compartidas fóra do centro, no cal participa o noso colexio.

Agradecemos moito a participación aos responsables de dita residencia, xa que nos facilitaron en todo momento o seu desenvolvemento. E ademais puidemos disfrutar dunha visita guiada, onde nos ensinaron todas as dependencias das que dispoñen neste centro de maiores.

MOITAS GRAZAS!!

Pobra de Burón from Mariola on Vimeo.

O sabor da aventura no mar

Este luns tivemos unha actividade fantástica na escola: aprendemos a facer bocatas....saudables! Estaban moi bos...aquí vos deixamos unha pequena mostra do bo momento que tivemos. Agora só nos queda sacarlle o mellor partido a eses alimentos que veñen do mar e poñelos no noso bocata!! 

 

A bailar...!

Como o Entroido é época de festa e baile, todos e todas as nenas realizamos uns bailes e puxémonos a mover o esqueleto...!! Este foi o resultado, pasámolo xenial!

A bailar...! from ceip santa maria on Vimeo.

Aberto prazo solicitude admisión curso 2017/2018

Aberto o prazo de presentación de solicitude de admisión:

DO DÍA 1 DE MARZO AO DÍA 2O DE MARZO DE 2017 (AMBOS INCLUÍDOS).

Na secretaría do centro teñen a solicitude á súa disposición.

 

PASARRÚAS POLA VILA!!!

O venres, para continuar coa celebración do Entroido, tamén saímos polas rúas de Fonsagrada!!

Pasarrúas from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido