CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos Contacontos en Familia!!

Visitounos Eva, a mamá de Dani e de Alex de 4º e 5º de Infantil.

Contounos o conto de "Maxia!" de OQO.Gustounos moito!!!

Encántanos que veñan as familias a contarnos contiños.

Moitas grazas Eva!!

Contacontos en familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA

Esta mañá os nosos nenos e nenas realizaron a I Carreira de orientación pola Lingua Galega. 

Cun mapa, foron chegando ata as diversas balizas, de forma organizada e en grupos. Descubriron pistas que os levaron a descifrar o gran segredo final: Carlos Casares, ese magníico escritor galego ao que este ano lle adicamos especial atención. 

 

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA from Maria on Vimeo.

O NOSO TRABALLO NO FITOFALADOIRO

Por segundo ano, os nenos e nenas de Primaria participamos no Proxecto de Fitofaladoiro para coñecer as plantas da nosa contorna e os seus usos.

Coa axuda dos profes, recoñecemos, recollemos, secamos e expoñemos algunhas plantas que sabemos que son útiles na nosa zona.

Esperamos seguir aprendendo para o curso que ven!!

A continuación, podedes ver algunhas das actividades que se fixeron; e no seguinte enlace, podedes ver o vídeo da visita do avó dun alumno do colexio que, nos veu a falar das diversas plantas que el coñece e os seus posibles usos.

O noso traballo no Fitofaladoiro from ceip santa maria on Vimeo.

 

ACTIVIDADE DO PROXECTO FITOFALADOIRO

O venres tivemos a sorte de contar coa visita do avó de David, de 3º de primaria.

Era unha actividade englobada dentro do Proxecto Fitofaladoiro, que levamos a cabo durante este curso no noso colexio.

O avó de David, José Álvarez, veunos a falar das plantas que el coñece, e as súas posibles aplicacións na vida cotiá.

A continuación, podedes ver un pequeno resumo do que nos contou.

Moitas grazas José!

Fitofaladoiro from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

O ARTISTA E A CIDADE

O pasado luns, os nenos e nenas de 1º e 2º desprazáronse a Lugo para realizar unha viaxe en autobús pasando por diferentes cadros que os mergullaron en diversas cidades. 

Cunha visita ao ansiado Parque de Rosalía de Castro, o seu encanto e o seu estanque de patiños, rematamos o día. 

 

A cidade e o artista. Excursión a Lugo. from Maria on Vimeo.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, celebramos o festival do Día das letras Galegas.

Este ano adicado a Carlos Casares.

Podedes ver, a continuación, un pequeno resumo das actuacións.

Día das Letras Galegas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

TEATRO: O TALLER DE COSTURA DE DONA MERCEDES

A continuación, podedes ver a obra de teatro que representaron alumnos e alumnas do cole, no festival das Letras Galegas.

Fixérono xenial, son uns artistas!!!

A obra titúlase: O taller de costura de Dona Mercedes

Teatro: O taller de costura de Dona Mercedes from ceip santa maria on Vimeo.

Excursión 5º e 6º O Grove

Os nenos e nenas de 5º e 6º vimos de pasar uns días marabillosos!

Estivemos no Grove de excursión. Alí, visitamos o Acuario e o Museo do Salazón, fomos á praia onde nos bañamos e fixemos xogos; tamén disfrutamos da piscina e de varias actividades cuns monitores estupendos: búsquedas do tesouro, bailes, veladas...

E non podemos esquecernos da visita ós fondos ssubmarinos no catamarán e da degustación que nos deron e que tanto nos prestou!

Despois de tres fugaces días voltamos para casa cansadiños e con moita pena...pero sobre todo, con moitos bos recordos e moi unidos!

 

Viaxe fin de curso 16/17. O Grove. from Maria on Vimeo.

NÓS TAMÉN FACEMOS PAN!!

Hoxe as nenas e os nenos de Infantil fixeron pan. 

Pasárono xenial amasando!!

Podedes ver aqui, unha pequena mostra da actividade.

Facemos pan from ceip santa maria on Vimeo.

NÓS TAMÉN FACEMOS PAN!!

Hoxe os alumnos e alumnas de Infantil fixeron pan!!

Pasárono xenial amasando!!

Podedes ver aqui unha pequena mostra da actividade.

Facemos pan from ceip santa maria on Vimeo.

Distribuir contido