CONTINUACIÓN DO GOT TALENT

A continuación podedes ver a continuación do GOT TALENT!!

Esperamos que vós guste!!

 

Continuación do GOT TALENT from Mariola on Vimeo.

MÁIS ACTUACIÓNS DA FESTA DE FIN DE CURSO

Os nenos e nenas de Infantil, os de 1º de Primaria e os de , tamén quixeron despedir este curso ofrecéndonos unha serie de actuacións.

FIXÉRONO XENIAL!!!

Podédelas ver, a continuación, no seguinte video: 

Fin de curso 2016-2017 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

FESTA DE INCHABLES PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO!!!

Hoxe rematamos o curso escolar 2016/2017, asi que para celebralo tivemos, ademáis do concurso de GOT TALENT,  festa de inchables!!!!!

Pásamolo xenial!!!!!

Inchables from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Libros de Texto Curso 2017- 2018

Xa tedes á vosa disposición o listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar.

Recordar que tamén estará exposto na porta principal e no taboleiro de anuncios do cole.

 

HOXE TIVEMOS ENTREGA DE PREMIOS!!!!!

Hoxe tivemos moitas actividades no cole; entre elas a entrega de medallas da I Carreira de Orientación pola LINGUA GALEGA e a continuación, tamén se fixo entrega dun agasallo para os gañadores da Liga Interna de Balonmán e Fútbol sen balón, que se desenvolveu durante os recreos.

Podedes ver no seguinte vídeo, un pequeno resumo:

Entrega de premios from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE OS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe visitounos Ramón, un membro da Garda Civil, que nos veu a falar dos posibles riscos que pode ter o uso indebido das Novas Tecnoloxías.

Era unha actividade dirixida aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Foi unha charla moi interesante e produtiva, tanto para os alumnos/as como para os mestres.

Moitas grazas Ramón!!!

Riscos de Internet from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ENTREGA DE DIPLOMAS: VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

Hoxe entregamos aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, os diplomas pola súa participación no Programa Bibliotecas Solidarias da modalidade: Voluntariado de Lectura - A

Entrega de diplomas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos Contacontos en Familia!!

Visitounos Eva, a mamá de Dani e de Alex de 4º e 5º de Infantil.

Contounos o conto de "Maxia!" de OQO.Gustounos moito!!!

Encántanos que veñan as familias a contarnos contiños.

Moitas grazas Eva!!

Contacontos en familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA

Esta mañá os nosos nenos e nenas realizaron a I Carreira de orientación pola Lingua Galega. 

Cun mapa, foron chegando ata as diversas balizas, de forma organizada e en grupos. Descubriron pistas que os levaron a descifrar o gran segredo final: Carlos Casares, ese magníico escritor galego ao que este ano lle adicamos especial atención. 

 

I Carreira de orientación pola LINGUA GALEGA from Maria on Vimeo.

O NOSO TRABALLO NO FITOFALADOIRO

Por segundo ano, os nenos e nenas de Primaria participamos no Proxecto de Fitofaladoiro para coñecer as plantas da nosa contorna e os seus usos.

Coa axuda dos profes, recoñecemos, recollemos, secamos e expoñemos algunhas plantas que sabemos que son útiles na nosa zona.

Esperamos seguir aprendendo para o curso que ven!!

A continuación, podedes ver algunhas das actividades que se fixeron; e no seguinte enlace, podedes ver o vídeo da visita do avó dun alumno do colexio que, nos veu a falar das diversas plantas que el coñece e os seus posibles usos.

O noso traballo no Fitofaladoiro from ceip santa maria on Vimeo.

 

Distribuir contido