DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co gallo do Día das persoas con discapacidade, ademais de celebrar as I Paraolimpiadas na Fonsagrada, quixemos desde a biblioteca traballar co conto de Cuerdas.

Así que, acudimos todo o cole para ver o corto na biblioteca.

Ao mesmo tempo, puidemos ver o vídeo dunha rapaza, Constanza Orbaiz, que presenta unha discapacidade motivada por unha Parálise Cerebral; é un pequeno relato da súa experiencia persoal.

Invitámosvos a que vexades o vídeo de Constanza Orbaiz; xa que nos pode facer reflexionar sobre a nosa actitude cara ás persoas con discapacidade.

Tamén, a continuación podedes ver un vídeo resumo da actividade na biblioteca.

Día da discapacidade. Cuerdas from ceip santa maria on Vimeo.

I PARAOLIMPIADAS 2017

O día 3 de decembro conmemorouse o Dia das Persoas con Discapacidade.

Por iso, no noso cole as nenas e nenos quixemos celebrar as I Paraolimpiadas da Fonsagrada.

Fixemos equipos que ían rotando por diversos deportes: GOALBALL, SITTING-VOLEIBOL, BASKET EN SILLA, FÚTBOL INDIO E CARREIRA DE RELEVOS.

Pasámolo xenial!!!

Pero o máis importante é que, nos puidemos poñer no lugar de aquelas persoas que presentan algún tipo de discapacidade; e comprobar por nós mesmos, que iso non é impedimento para prácticar deporte e en definitiva, participar na vida en sociedade de xeito inclusivo.

A continuación, podedes ver un vídeo resumo...

I Paraolimpiadas 2017 from ceip santa maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos tarde de Contacontos en Familia!!!

As nenas e nenos de Infantil, puidemos disfrutar do conto que nos viñeron a contar os papás de Manuel, de 5 anos.

Contáronnos o conto de "Las supermentes al rescate". Encantounos o conto e ademais tivo a sorte de ter uns axudantes xeniais, Manuel e os seus compañeiros de aula.

Pasámolo moi ben!!!

MOITAS GRAZAS MARISOL E EMILIO!!!

Contacontos en familia from ceip santa maria on Vimeo.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celebrouse o Día contra a Violencia de Xénero.

Dende o noso cole, quixemos conmemorar este día participando nun Proxecto colaborativo realizado entre 31 colexios de toda Galicia.

Tratábase de que cada centro elaborase un mural co paxariño de twiter ao que lle engadimos o #equaliter acompañado das verbas dos nosos alumnos e alumnas. Verbas positivas e sempre en contra da violencia.

Posteriormente o centro organizador deste Proxecto, o CEIP Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín, elaborou un vídeo que puidemos ver hoxe no cole (para ver o vídeo premer aquí)

Ademais tamén elaboramos unhas siluetas na entrada do noso cole e colocámoslles uns laciños de cor malva (a cor representativa deste día).

Día contra a Violencia de Xénero from ceip santa maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil, puidemos disfrutar dunha actividade que nos encanta...o Contacontos en familia!!!

Viñeron os papás de Sofía e Irene a contarnos uns contiños.

Gustáronnos moito e pasámolo xenial!!!

MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE !!!!!

Contacontos en familia from ceip santa maria on Vimeo.

HOY POR HOY LUGO DESDE A FONSAGRADA!!!

Hoxe os nenos e nenas, de Primaria, participamos nun programa de radio!!

O locutor Juan Carlos Rodríguez e o seu equipo viñeron a retransmitir o seu programa de radio, Hoy por Hoy Lugo, emitido por Radio Lugo SER, desde A Fonsagrada.

Puidemos ver cómo se elabora un programa de radio e participamos na súa producción.

Ata lle fixemos algunhas preguntiñas ao noso alcalde, tamén invitado ao programa.

A continuación, pódedes ver un vídeo resumo...recomendamos velo ata ó final xa que remata coa actuación en directo da nosa dire xunto con Alba de 6º.

Dámoslle as grazas ao programa de radio Hoy por Hoy Lugo por deixarnos ser participes da súa realización.

Encantounos a experiencia!!!

Moitas grazas!!!

#HoyxHoyFonsagrada from ceip santa maria on Vimeo.

CELEBRAMOS O MAGOSTO!!!

 Esta semana celebramos o Magosto!!

Tivemos multitude de xogos adaptados a todas as idades.

E despois de xogar, para repoñer forzas, comemos as castañas!!!

Estaban riquíiiiiiiiisimas e pasámolo xenial!!!!!!

Podedes a continuación, ver un pequeno resumo...

Magosto 2017 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS NO DÍA DA BIBLIOTECA (1ª parte)

Ola familias!!!

Como xa vos comentamos, o 24 de outubro celebramos no cole o Día da Biblioteca.

Celebrámolo cuns contacontos que levaron a cabo os alumnos e alumnas de cada aula.

No seguinte vídeo podedes ver, o ben que o fixeron!! 

Día da Biblioteca 1ªparte from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS NO DÍA DA BIBLIOTECA (2ª parte)

Continuación dos contacontos do Día da Biblioteca...

Día da Biblioteca 2ª parte from ceip santa maria on Vimeo.

SAMAÍN 2017

O día 31 de outubro celebramos a festa do Samaín!!!!

Organizamos diversas actividades e talleres, de cociña, de manualidades, de debuxo, de descubrir diferentes texturas polo tacto, de música, de xogos etc...ata tivemos un tunel do terror que moitos e moitas valentes se atreveron a recorrer...

Pasámolo DE MEDOOOOOOOOO!!!!

Pódedes ver un pequeno resumo, a continuación:

Samaín 2017 from ceip santa maria on Vimeo.

Distribuir contido