DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo celebramos o Día da árbore, plantando un salgueiro no noso patio!!

Día da árbore from Mariola on Vimeo.

UN CONTO PARA PI

Onte tivemos unha visita moi especial, coñecemos a Pi, un can moi cariñoso.

Dentro do Proxecto Protexe os animais, que desenvolvemos no noso centro, participamos na actividade Proxecto Educativo de Sensibilización para fomentar a tenencia responsable de animais de compañía e a natureza.

Un Conto para PI é un proxecto Piloto de educación ambiental a través da animación a lecto -escritura e a creatividade nos escolares de primaria, tendo como vehículo e ferramenta de comunicación interactiva a un can: “PI”, un can de cinco anos adoptado de moi bon carácter que vai a mostrar otras formas de contemplar la protección animal e a sensibilización da natureza.

O obxectivo principal e a educación e sensibilización cara a  protección e a  tenencia  responsable de animais domésticos na poboación escolar , os beneficios dos animais domésticos na saúde das persoas e no seu benestar e a importancia da conservación da natureza.

Co fin de fomentar a lectura, os nenos e nenas de 2º e 3º elaboraron un conto para PI.

Gustounos moito a experiencia!!

Grazas a Ana e a PI pola visita!!

Un conto para Pi from Mariola on Vimeo.

SEMANA DA PRENSA: VISITAMOS A RADIO GALEGA

O xoves 8 de marzo, coincidindo coa Semana da Prensa fomos a Santiago a visitar a Radio Galega; gustounos moito a experiencia, xa que puidemos coñecer como é a radio "por dentro", ensináronnos os estudios, a redacción, puidemos falar con algún locutor, cos técnicos de son etc... 

E aproveitando esta viaxe, tamén visitamos o Aerodromo Militar; alí coñecemos da man dos bombeiros, como é o camión que empregan para sofocar os incendios e ata nos deixaron montar en dúas avionetas.

Para rematar a nosa viaxe, acercámonos ao Casco Histórico para ver de cerca a Catedral e dar un pequeno paseo.

Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo da actividade: 

Santiago 2018 from Mariola on Vimeo.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro.

No noso centro, traballamos entre todos o poema "Has de cantar".

Ademais os alumnos e alumnas de 3º e 4º fixéronnos un pequeno resumo da vida de Rosalía.

No seguinte vídeo, podedes ver a actividade realizada. 

Esperamos que vos guste!!

Rosalía2018 from Mariola on Vimeo.

ENTROIDO 2018

O venres, 16 de febreiro, celebramos o Entroido no noso colexio.

Como xa sabedes, tivemos que modificar as datas da celebración, polas condicións meteorolóxicas adversas que tivemos a semana anterior, que era cando tiñamos previsto celebralo.

Este ano a temática era películas de Disney.

Os nenos e nenas de Infantil representaban o conto de Brancaneves e os sete ananiños.

Os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, 101 Dalmatas.

Os alumnos e alumnas de 2º, elexiron o conto de Alicia no país das maravillas.

O grupo de 3º e 4º de Primaria, disfrazáronse de Peter Pan.

E os alumnos de 5º e 6º elexiron " Los descendientes".

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo das fotos que fixemos no noso photocall. 

Entroido 2018 from Maria on Vimeo.

ENTROIDO 2018 (segunda parte)

A continuación, pódedes ver o desfile que fixemos no cole.

Esperamos que vos guste!!

Entroido 2018 (segunda parte) from Maria on Vimeo.

ADMISIÓN ALUMNADO E RESERVA DE PRAZAS CURSO 2018-19

CALENDARIO:

  • Reserva de admisión para o centro de adscrición ( alumno/a de 6º de Primaria que reserva praza para o IESP Fontem Albei) do 1 ao 15 de Febreiro. Presentarase no CEIP Santa María a solicitude (Anexo I) que aparece coma documento adxunto nesta publicación ou adquirindo este directamente no Centro .

  •  Solicitude de admisión de alumnado do segundo ciclo de E. Infantil e Primaria do 1 ao 20 de Marzo. Presentarase no CEIP Santa María a solicitude (Anexo II) que aparece coma documento adxunto nesta publicación ou adquirindo este directamente no Centro .

DÍA DA PAZ 2018

 Hoxe celebramos no noso colexio o Día da Paz!!

Traballamos o conto de John Lennon, Imagine; debuxamos e pintamos as ilustracións do conto.

Lemos o conto nas aulas e traballámolo en inglés, castelán e galego.

Unha vez rematado colocamos as ilustracións nun mural na entrada do cole. 

Ao mesmo tempo, aprendemos a canción de Imagine en inglés e cantámola entre todos os nenos e nenas.

Ademais, alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria elaboraron unha figura de acrosport, reproducindo as letras de IMAGINE.

A continuación, podedes ver un pequeno resumo da nosa celebración do Día da Paz.

Esperamos que vos guste!!

Día da Paz 2018 from Maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos tarde de conto!!

Os nenos e nenas de Infantil disfrutamos da visita da mamá de Juanmi, de 4 anos.

Contounos un conto chulísimo, titulado: "Pedra, pau e palla"

MOITAS GRAZAS SONIA!!!!!

Contacontos en familia from ceip santa maria on Vimeo.

TEATRO NADAL ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA

No festival de Nadal, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria ofrecéronnos unha obra de teatro, titulada: "Convidados especiais".

Fixérono xenial!!!

Podedes vela no seguinte vídeo:

Teatro Nadal from CEIP SANTA MARIA on Vimeo.

Distribuir contido