CONTACONTOS EN FAMILIA

Os nenos e nenas de Infantil voltamos a disfrutar dunha sesión de Contacontos en Familia.

Esta vez a "encargada" de contarnos uns contiños foi a mamá de Juanmi da clase de 4 anos.

MOITAS GRAZAS SONIA!!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

A semana pasada os nenos e nenas da clase de 1º de primaria tivemos Contacontos en Familia.

O papá de Uxía de 1º veu a contarnos uns contiños.

Pasámolo xenial!!

MOITAS GRAZAS ANTONIO!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

Master Chef Junior: apple crumble

Indagando un pouco na cultura británica, os nosos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tiveron curiosidade por saber que é aquilo que os veciños anglosaxóns toman na sobremesa. 

Deste xeito, e poñenedo un bocadiño de tensión por comparar os resultados, todos e todas tiveron que seguir as instruccións da receta ata chegar ao seu Apple Crumble. 

Aqui vos deixamos unha mostra de todo o que traballaron. Que ben ulía nos corredores...

 

Master Chef Junior: apple crumble from Maria on Vimeo.

Master Chef Junior: Lollipop

Os nenos e nenas de 3º e 4º quixeron sorprender nas casas cun doce feito por eles mesmos. Así, elaboraron unhas piruletas, ou Lollipops seguindo instruccións en inglés. Fixérono con moito agarimo e pensando nos gustos de todos aqueles que teñen nos seus fogares. Por iso, saíron produtos moi diferentes e diversos!!! 

De todos xeitos, como somos moi lambóns, dubido que todos chegasen enteiros á casa, e déixovos unha mostra do que andiveron a facer, que por si non os probastes, polo menos saber que a intención tivérona!

Master Chef Junior: chocolate lollipop from Maria on Vimeo.

Master Chef Junior: Birthday Cake

O alumnado de E. Infantil estivo a comprobar o doado que pode resultar para eles e elas encher o padal de doce cunha pouquiña de axuda e supervisión!

Deste xeito todos e todas estiveron a elaborar unhas tartas de chocolate que dende agora poderán facer case soíños, pero só moi de vez en cando, pois lembramos que non debemos abusar moito deste alimento...en ocasions contadas como os aniversarios, xa temos opción de elaboración propia!

 

Master Chef Junior: birthday cake from Maria on Vimeo.

O MEU LIBRO FAVORITO É...

Continuamos coñecendo os libros favoritos dos nenos/as e dos mestres/as...

O meu conto favorito é... from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Esta semana os nenos e nenas de 2º de Primaria tivemos Contacontos en Familia.

A mamá de Hugo Villar veu a contarnos unhas fábulas chulísimas.

Gustáronnos moito!!

MOITAS GRAZAS COVI!!!!

Contacontos en familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONCERTO DIDÁCTICO: ABRAHAM CUPEIRO

Onte acudimos ao Salón de Actos do Concello os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria para disfrutar dun concerto didáctico da man de Abraham Cupeiro.

Abraham Cupeiro é un coñecido musicólogo, compositor e intérprete galego, que nos fixo un percorrido pola historia da música e nos ensinou multitude de instrumentos.

Pasámolo xenial e disfrutamos moito.

Concerto didáctico: Abraham Cupeiro from Mariola on Vimeo.

TEATRO: HISTORIAS DUNCAN DE PALLEIRO

No mes de abril puidemos disfrutar dunha obra de teatro no Salón de Actos do Concello, titulada:

"Historias DUNCAN DE PALLEIRO" 

Gustounos moito!!!

Teatro: Duncan de Palleiro from Mariola on Vimeo.

O MEU LIBRO FAVORITO É...

Continuamos coñecendo os libros favoritos de nenos/as e mestres...

O meu libro favorito é... from Maria on Vimeo.

Distribuir contido