COOKING AROUND THE WORLD (1ª parte)

Como xa sabedes o noso centro participa no Proxecta Alimentate ben.

A semana pasada levamos a cabo unha actividade dentro deste proxecto e en coordinación coa área de Inglés.

Cada grupo preparou unha comida típica dun país; así tivemos comidas de México, Francia, Italia, Suiza...

Deste xeito, traballamos a alimentación saudable ao mesmo tempo que coñecemos diferentes culturas, costumes, tradicións de outros países.

Temos uns auténticos Chefs neste colexio!!!

Cooking around the world (1ª parte) from Maria on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos sesión de Contacontos en Familia.

Visitounos a mamá de Aitor, e contounos dous contos chulísimos: PILÚ,PILÚ E A MAMÁ QUE SE LLE PUXO CARA DE TETEIRA.

Gustáronnos moito!!!

MOITAS GRAZAS MAYDA!!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver outra parte do Festival das Letras Galegas que celebramos este curso.

Esperamos que disfrutedes coas actuacións, porque realmente temos uns nenos e unhas nenas que son uns verdadeiros artistas!!!

Letras Galegas 2018 from Mariola on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de Infantil tivemos Contacontos en Familia.

Esta vez o encargado de contarnos un contiño foi o papá de Sofia e de Irene.

Gustounos moito!!

MOITAS GRAZAS KIKE!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE

No noso cole participamos na CAMPAÑA ESCOLAR APRENDENDO IGUALDADE proposta pola Deputación Provincial de Lugo.

Este proxecto ten o obxectivo de fomentar entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria, xunto co profesorado, actitudes favorables á educación e á convivencia en iguadade entre nenas e nenos.

A actividade consistía en traballar o conto: "Vanesa non quere ser princesa" e posteriormente había que elaborar un mural-homenaxe ás mulleres do noso concello; para elo, cada nena e neno tiña que escoller unha muller a que admiren e debuxala para colocar no mural.

No seguinte vídeo podedes ver o resultado.

Aprendendo Igualdade from Mariola on Vimeo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS. OBRA DE TEATRO

No seguinte vídeo podedes disfrutar da obra de teatro que prepararon os alumnos e alumnas de 6º de Primaria para o Festival das Letras Galegas, que leva por título:

" O testamento do tío Nacho".

Esperamos que vos guste!!

Día das Letras Galegas from Maria on Vimeo.

FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

No seguinte vídeo podedes ver algunhas das actuacións do Festival das Letras Galegas.

Esperamos que vos gusten!!!! 

Festival Día das Letras Galegas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

A semana pasada, visitounos a mamá de Carlota para contarnos un conto chulísimo aos nenos e nenas de Infantil.

MOITAS GRAZAS LUCÍA!!!

Contacontos en Familia from Mariola on Vimeo.

Distribuir contido