TEMOS XOGOS NOVOS EN INGLÉS!!!!!

Como xa vos comentamos anteriormente, o noso cole a partir deste curso, é un Centro PlurilingüePolo tanto, precisamos aumentar os recursos para traballar na área de Inglés.

Comezamos por mercar novos xogos; que nos permiten aprender a Lingua Estranxeira dun xeito lúdico.

Estamos desexando estrealos!!!!!  

No seguinte vídeo podedes ver unha selección dos materiais que mercamos...

CONTACONTOS EN INGLÉS CON ANA DIMITROFF

Como xa sabedes agora o noso cole é un centro Plurilingüe.

Algunhas das áreas impártense en inglés; en 1º de Primaria, plástica e en Infantil, acercamento á cultura e expresión da linguaxe. É dicir, tratamos de desenvolver nos nosos alumnos e alumnas unha maior competencia en Lingua Estranxeira e preparalos para o mundo que nos rodea no que o inglés é a lingua clave.

Dentro das actividades programadas para este curso, o venres tivemos a sorte de disfrutar dun Contacontos en inglés da man de Ana Dimitroff.

Gustounos moito e pasámolo xenial!!!

FESTIVAL DE NADAL 2018

Xa voltamos ao cole e coas pilas cargadas!!!!!

Se queredes recordar o que fixemos no Festival de Nadal, podédelo ver no seguinte vídeo.

Esperamos que vos guste!!

Festival Nadal 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

BO NADAL!!!

No seguinte vídeo, podedes ver a nosa árbore de Nadal xa montada.  Como xa vós contábamos en anteriores vídeos, elaborámola coas bandeiras dos diferentes países que estamos a traballar no noso Proxecto A volta ao mundo. Ademais quixemos felicitar o Nadal nas súas diferentes linguas.

Ao final do vídeo, poderedes tamén disfrutar da panxoliña que nos ofreceron os nenos e nenas de 3º de Primaria, típica do país que están a traballar, Brasil.

Esperamos que vós guste!!

E deste xeito, o equipo docente do CEIP Plurilingüe Santa María, queremos felicitarvos as festas...

BO NADAL E FELIZ 2019!!

Nadal 2018 from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS E CONTOS COMO AGASALLO DE NADAL!!

Agora que xa andamos ás voltas coas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos, deixámosvos no arquivo adxunto, unhas recomendacións de libros e contos que poderían ser un bo agasallo de Nadal. 

Quixemos seleccionar, principalmente, libros e contos relacionados co Proxecto que estamos a desenvolver este curso, A VOLTA AO MUNDO; asi que como veredes na maioría a temática son as viaxes.

Esperamos que vós gusten e que vós sexan de axuda.

DESEXÁMOSVOS BOAS LECTURAS!!!

CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"...

Continuamos co noso Proxecto A VOLTA AO MUNDO que puxemos en marcha este curso.

Nos dous seguintes videos, podedes ver o que estivemos a traballar nestas últimas semanas.

Os nenos e nenas de Infantil pintamos a Gran Muralla China, pintamos e "construímos" unha casa típica China, unha Pagoda; tamén pintamos uns guerreiros de Terracota e reproducímolos en plastilina.

Os nenos e nenas de 1º e 2º xa temos os nosos pasaportes rematados e listos para viaxar, pintamos a coroa de Cleopatra e traballamos algúns dos símbolos que tiñan os exipcios, como a chave da vida.

En 3º traballamos o Cristo Redentor de Río de Janeiro, e reproducímolo en plastilina. 

E en 4º, 5º e 6º comezamos a preparar a nosa árbore de Nadal; este ano preparamos unhas bolas moi especiais e relacionadas co noso proxecto, xa que levan pintadas as bandeiras dos diferentes países que estamos a traballar. Queredes ver como nos quedou a árbore?

A volta ao mundo from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe os nenos e nenas de Infantil tivemos tarde de contos!!!

Visitounos Sonia, a mamá de Juanmi de 5 anos, e contounos dous contos que nos encantaron, "El monstruo de colores" e "Nicolasa, y tu casa?"

Pasámolo xenial!! MOITAS GRAZAS SONIA!!

Contacontos en Familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

No seguinte vídeo podedes ver fotos dalgúns aniversarios do primeiro trimestre.

Aniversarios from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe, os nenos e nenas de Infantil, puidemos disfrutar dunha tarde de contos en familia; visitounos Mayda, a mamá de Aitor de 4 anos.

Contounos dous contos chulísimos e que ademais, a maioría, non coñecíamos: "La cueva" e "Un beso antes de dormir"

Moitas grazas Mayda, por compatir este ratiño con nós.

Contacontos en Familia from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

II PARAOLIMPIADAS DA FONSAGRADA

O día 3 de decembro celebrouse o Día das Persoas con Discapacidade.

Por este motivo quixemos celebrar as II PARAOLIMPIADAS DA FONSAGRADA. 

E como queríamos relacionalo co Proxecto “A volta ao mundo“, que estamos a realizar este curso, formamos equipos cos nomes dos diferentes países veciños, dos países que estamos a traballar no Proxecto.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e dos diferentes deportes que practicamos: GOALBALL, SITTING-VOLEIBOL, BASKET EN SILLA, RONDO MÓBIL, CARREIRA DE RELEVOS.

Deste xeito, puidemos poñernos na pel das persoas que presentan algún tipo de discapacidade e comprobar o esforzo que para elas supón. 

Pasámolo xenial!!!

II Paraolimpiadas from CEIP Fonsagrada on Vimeo.

Distribuir contido