CONTOS COA MESA DE LUZ

O alumnado de Educación Infantil participou nun contacontos en inglés titulado ANIMAL COLOURS pero, nesta ocasión, contaron con algo especial que fixo aparecer cores novas: unha mesa de luz! 

MIXING COLOURS EXPERIMENT

Esta semana os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron a realizar uns experimentos en ARTS, mezclando colorantes alimenticios con auga e leite. Que misturas podemos obter? Que sucede se se botan en auga? E en leite? E se botamos ademais aceite? 

ESTRENAMOS OS XOGOS NOVOS

Os nenos e nenas de Infantil xa estrenamos algúns dos xogos novos, que mercamos para a Biblio.

Pasámolo xenial!!!

CHARLA SOBRE HIXIENE ALIMENTARIA

O venres visitounos na Biblioteca, Patricia Palacios, Licenciada en Veterinaria.

Veunos a dar unha charla sobre Hixiene Alimentaria.

Aprendemos moitas cousas con ela, deunos milleiros de consellos que debemos poñer en práctica; xa que son moi beneficiosos para a nosa saúde.

MOITAS GRAZAS PATRICIA!!!

DÍA DE EUROPA

O 9 de maio celebramos o DÍA DE EUROPA.

Nós, para conmemorar este día, quixemos investigar qué países forman parte da Unión europea, cómo son os euros nos diferentes países, que imaxes aparecen no reverso das moedas; é dicir, a cara nacional que presentan que é a que nos indica o país emisor.

Con toda a información recollida, elaboramos un  mural que podedes ver no seguinte vídeo.

MERCAMOS XOGOS NOVOS PARA A BIBLIO!!!!

Este curso estamos a mellorar moito a nosa biblioteca grazas ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Mercamos mobiliario novo e aumentamos os nosos fondos bibliográficos (contos, libros de lectura para todas as idades, libros de ciencias, de deportes, de Inglés, de consulta...).

Pero ademais destes recursos, quixemos crear un RECUNCHO CREATIVO E LÚDICO na nosa Biblio; trátase dun espazo onde os nenos e nenas poden desenvolver a súa creatividade, razonamento lóxico e o seu inxenio, a través de xogos educativos.

Así que comezamos mercando unha gran variedade de xogos que podedes ver no seguinte vídeo...

Estamos desexando estrealos!!

MARCAPÁXINAS " A VOLTA AO MUNDO"

Outra das actividades que fixemos co gallo do Día do Libro, e relacionado co noso Proxecto A Volta ao Mundo, foi elaborar uns marcapáxinas con debuxos dos diferentes países que estamos a traballar este ano: China, Exipto, Brasil, España e Marrocos.

No vídeo podedes ver como nos quedaron e o mural que fixemos con eles... 

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio conmemórase o Dia Mundial contra o Acoso Escolar.

No noso colexio, propúxose dende a Biblioteca, traballar este tema a partir de diversos contos, que mercamos este ano coa axuda do PLAMBE.

A actividade consistía en ler e traballar os contos; analizar as historias que neles se narraban, reflexionar sobre a amizade, o respecto entre compañeiros, a solidariedade etc...

Nos seguintes vídeos, podedes ver a selección dos libros e contos traballados. Ademais tamén podedes disfrutar co conto que nos resumiu Hugo Abraira e o que nos contaron os nenos e nenas de 3 anos sobre o "Qué é un amigo, para eles"

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO"

Continuamos a traballar no noso Proxecto A volta ao Mundo!!

No seguinte vídeo, podedes ver algunhas actividades que estivemos desenvolvendo...

KAMISHIBAI

Seguindo coa celebración do Día Internacional do Libro, hoxe puidemos disfrutar os nenos e nenas de Infantil e os de 1º e 2º de Primaria duns contos moi especiais, os contos de KAMISHIBAI.

O Kamishibai é unha forma de contar contos moi popular no Xapón.

Nesta ocasión os narradores dos contos eran dous alumnos e dúas alumnas de 5º e 6º de Primaria, participantes do Programa de Bibliotecas Solidarias; no que está inmerso o noso centro.  

Contáronnos dous contos clásicos chulísimos: O soldadiño de chumbo e O Xastriño valente.

Distribuir contido