CONTACONTOS EN FAMILIA

Onte os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar da visita, na nosa Biblio, da mamá e do papá de Irene.

Viñeron a contarnos dous contos que nos encantaron: "He llegado tarde porque..." e "A pita vermella".

E como xa estamos rematando o curso, fixémoslles entrega do diploma de agradecemento ás familias que participaron no Contacontos en Familia.

MOITAS GRAZAS TERESA E KIKE

CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a visita no noso cole da mamá de Icía, veunos a ler unha morea de contos chulísimos!!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria, pasámolo xenial escoitando as historias.

Ao finalizar o Contacontos, fixemos entrega do diploma de agradecemento por querer vir a compartir con nós estes momentos de lectura.

MOITAS GRAZAS MARTA!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O luns, os nenos e nenas de Infantil disfrutamos dun Contacontos en Familia moi especial; tivemos a visita na Biblio da mamá, dos avós e do irmán de Ainhoa, da aula de 3 anos. Neste caso animouse a lernos o conto de Pinocho, a avoa de Ainhoa.

Unha vez que escoitamos o conto, fixemos entrega á familia, do diploma de agradecemento pola participación nesta actividade.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA, FAMILIA!!!

CONTACONTOS EN FAMILIA

O pasado venres, os nenos e nenas de Infantil puidemos disfrutar dun Contacontos en Familia. Nesta ocasión, a encargada de contarnos un conto chulísimo, foi a mamá de Iker, da aula de 5 anos.

Gustounos moito o conto e pasámolo xenial!!

Ao finalizar o conto, fixemos entrega do diploma de agradecemento pola participación na actividade de Biblioteca.

MOITAS GRAZAS VANESA!!

OBRADOIRO: AVENTURAS NO MAR

A semana pasada tivemos, no noso cole, un Obradoiro de Aventuras no mar.

Con este obradoiro puidemos coñecer as diferentes propiedades dos peixes, os beneficios que nos aportan para a nosa saúde.

Tamén puidemos aprender como é o traballo das mariscadoras, dos mariñeiros e dos pescadores. Ata nos ensinaron como é funcionamento da lonxa.

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2019

Onte celebramos os Apadriñamentos Lectores!!

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º léronlles contos ao resto do colexio; formamos grupos con nenos e nenas de todos os cursos.

Pasámolo xenial!!

No seguinte vídeo, podedes ver un pequeno resumo...

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Continuamos mercando fondos bibliográficos para aumentar os nosos recursos da Biblioteca.

Nesta ocasión mercamos libros e contos para traballar a diversidade, a inclusión, a amizade, respecto aos demais etc...

Tratamos de camiñar cara á construción dunha Biblioteca Inclusiva.

ESTRENAMOS NOVA BIBLIOTECA!!!!!!!

Como xa vós comentamos en varias ocasións, o noso centro este ano estivo incluído no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Grazas a isto, puidemos renovar a nosa Biblioteca; o que implicou mercar mobiliario, fondos bibliográficos, e unha gran variedade de xogos.

No vindeiro curso, tentaremos seguir mellorando e ampliando os nosos recursos; sempre coa finalidade de espertar no noso alumnado o interese pola lectura.

E como estamos de estrea, querémosvos ensinar a nova Biblioteca!!

Que vós parece?

CONTACONTOS CON ANA DIMITROFF

O pasado venres puidemos disfrutar unha vez máis dun Contacontos en Inglés con Ana Dimitroff; que xa nós vistara no primeiro trimestre.

Tivemos dúas sesións de contos, experimentos e xogos en Inglés; unha sesión para os nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria e outra sesión para 2º, 3º, 4º 5º e 6º de Primaria.

Encántanos todo o que nós ensinas Ana, moitas grazas pola túa visita!!!

Nos seguintes vídeos podedes ver un pequeno resumo de todo o que disfrutamos coa actividade.

Distribuir contido