PLANS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o Mér, 09/09/2020 - 16:46Xa se poden consultar os documentos pulsando nestes enlaces.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020/2021
Neles pódense atopar moitas respostas sobre a adaptación ás circunstancias deste curso tan excepcional. Serán debidamente actualizados se a situación así o require.
COMEZO DO CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o Ven, 09/04/2020 - 22:11Ante a proximidade do comezo do curso escolar, informamos da convocatoria dunha reunión informativa coas familias para explicar a adaptación ao noso centro do Protocolo COVID e os distintos plans elaborados ao longo do verán.
En caso de non poder asistir, estes documentos estarán dispoñibles nesta web en datas próximas.
O horario das reunións será o seguinte:
As reunións terán lugar no ximnasio do centro tomando as medidas de hixiene e distanciamento social recomendadas. Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.
Os días 10 e 11 de setembro comezarán as clases e farase unha entrada escalonada. O día 10 empezarán os alumnos de 4.º e 5.º de Educación Infantil e 1.º, 2.º e 3.º de Primaria. O día 11 farano, 6.º de Infantil, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria.
LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS
Enviado por Anónimo o Mér, 07/08/2020 - 09:36Desde o día 8 de xullo están expostas no taboleiro da entrada do colexio as listaxes definitivas de Fondolibros cos libros que lle corresponden a cada alumno. Tamén se poden consultar na aplicación Fondolibros.
A entrega de vales de libros e material realizarase ata o día 10 de xullo na secretaría do centro.
LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDOLIBROS
Enviado por Anónimo o Xov, 07/02/2020 - 22:30
As listaxes provisionais pódense consultar xa no taboleiro do colexio ou accedendo á aplicación Fondolibros. Nela aparece o número de libros que recibirá cada alumno.
As listaxes definitivas publicaranse o día 9 de xullo.
A entrega de vales para a adquisición de libros de texto (1.º e 2.º de Primaria) e/ou material escolar (de 1.º a 6.º de Primaria) será entre o luns 6 e o venres 10 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 na secretaría do colexio.
CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO
Enviado por Anónimo o Xov, 07/02/2020 - 10:23O Concello das Pontes de García Rodríguez vén de convocar as AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS para o vindeiro curso. Pódese ver a información e descargar o impreso premendo aquí.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2020/2021
Enviado por Anónimo o Mar, 06/30/2020 - 09:12
O prazo para a formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo de 2020. A documentación a presentar será a seguinte:
- Impreso de matrícula. Pódese descargar aquí ou recollerse na secretaría do centro.
- Certificado de empadroamento.
- 4 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do libro de vacinas ou certificado médico.
LISTA DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020/2021
Enviado por Anónimo o Lun, 06/22/2020 - 11:11UNHA DESPEDIDA MOI ESPECIAL
Enviado por Anónimo o Xov, 06/18/2020 - 18:31Hoxe remata o curso e, aínda que non podemos estar xuntos, sentímonos moi próximos na distancia. Só temos que ver este vídeo para darnos conta.
BOLETÍN DE NOTAS
Enviado por Anónimo o Mar, 06/16/2020 - 20:03
O boletín de notas farase chegar o venres 19 de xuño a partir das 14:00 horas a través da aplicación AbalarMóbil.
DESPEDIDA DOS ALUMNOS QUE REMATAN EI E EP
Enviado por Anónimo o Lun, 06/15/2020 - 18:25
Estimadas familias, este curso tan atípico e diferente chega esta semana ao seu fin. Para os alumnos de 6.º de Educación Infantil e 6.º de Educación Primaria é especial, porque os pequenos cambian de etapa e os maiores deixan o noso centro para comezar a Educación Secundaria.
Non podemos permitir que marchen sen que leven o recordo do seu paso. Por iso o día 19, último día de curso, farémoslles entrega do diploma de finalización de etapa, da orla e do vídeo da súa graduación. Sentimos que teñan que irse sen o festival de despedida que nos gustaría facer a todos, pero nesta excepcional situación non é posible.
As titoras destes dous cursos mandarán pola aplicación Abalar a hora de recollida.
Moita sorte nesta nova andadura!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »