ENTRADAS AO CENTRO
Enviado por Anónimo o Lun, 11/28/2022 - 14:17Informámosvos que debido as obras na praza América que está en fronte do colexio e por motivos de seguridade a porta principal quedará inhabilitada co cal a única porta de entrada será a da cancela grande do patio.
Durante o horario lectivo esta cancela grande permanecerá pechada polo que teredes que chamar por teléfono ao centro para que vola abran.
Os télefonos do centro son os seguintes:
- 881930071 (Secretaría)
- 881930070 (Dirección)
Este será o procedemento mentres non se poña un timbre ou porteiro na cancela grande.
Sentimos calquera inconveniente causado.
Eleccións do Consello Escolar
Enviado por Anónimo o Xov, 11/10/2022 - 12:32Estimadas familias:
A Consellería de Educación publicou a normativa para a renovación dos membros dos Consellos Escolares convocada pola Resolución do 19 de Setembro de 2022.
A normativa vixente que regula o proceso de renovación parcial do Consello Escolar é a seguinte:
- Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e polo Decreto 324/ 1996.
- Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (Artigos 36º - 45º).
- Orde do 21 de Outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do Consello Escolar nos centros docentes sostidos con fondos públicos, e se fixan as súas datas de celebración.
- Circular nº 1/98, do 2 setembro, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos
- Circular nº 18/00 da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.
- Resolución do 20 de Setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos público.
MEMBROS A RENOVAR
Este ano toca renovar aos seguintes membros dos distintos sectores:
- 3 membros do sector do profesorado
- 2 membros do sector de nais e pais
CENSOS
No taboleiro do colexio están publicados os censos dos distintos sectores para as votacións nas eleccións do Consello Escolar. O período para realizar reclamacións ao censo será desde o 10 ata o 17 de novembro
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
O prazo para a presentación de candidaturas dos sectores será desde o 11 ata o 18 de novembro, ambos incluídos. Os interesados en presentar candidatura terán que achegarse ao centro para cumprimentar a documentación para a presentación da candidatura.
DÍA DA VOTACIÓN
O luns 28 de novembro realizaranse as votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar. O horario para as votacións no sector das familias será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
Vales de material de 25€
Enviado por Anónimo o Mar, 10/18/2022 - 10:51Estimadas familias:
Informámosvos de que saiu unha ampliación da axuda para adquirir material escolar de 25€ regulada pola Orde do 29 de abril do 2022.
Esta axuda é só para aquelas familias que recibiron o vale de material anterior.
As datas e horas ás que vos podedes pasar a recoller o vale de material son as seguintes:
- Mércores 19/10/22 de 12:00 a 14:00
- Xoves 20/10/22 de 9:00 a 10:30
-------------------------------------------------------
- Luns 24/10/22 de 9:00 a 10:30 e de 12:00 a 14:00
- Martes 25/10/22 de 9:00 a 10:30
- Mércores 26/10/22 de 12:00 a 14:00
- Venres 28/10/22 de 12:00 a 14:00
Se non podedes acudir a recoller o vale nese horario, chamade ao centro para concretar cita. Os teléfonos son 881930071 ou 881930070.
Un cordial saúdo
VOLTA AO COLE
Enviado por Anónimo o Ven, 09/02/2022 - 12:15Pasado o verán, informamos que o vindeiro xoves día 8 de setembro volverá a actividade lectiva. Comezando o curso 22/23.
Debemos ter en conta que, agora volvemos ao horario e organización de entradas e saídas anteriores á pandemia. Polo que o horario do centro será de 9:00 a 14:00 horas, entrando e saíndo todo o alumnado pola porta principal, (cancela do patio).
Recollida de vales da aplicación fondo libros
Enviado por Anónimo o Ven, 09/02/2022 - 12:08Recordamos ás familias que non pasaron en xullo a recoller os vales de material e fondo libros, poden facelo os días 5 e 6 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Recollida de vales Fondo Libros para o curso 2022-2023
Enviado por Anónimo o Sáb, 07/09/2022 - 15:24Recordamos que as familias que non pasaron polo centro a recoller os vales para a axuda de adquisición de libros e de material. Volverá abrirse o prazo para a recollida nos primeiros días do mes de setembro.
Publicación de listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo de libros para o curso 22/23
Enviado por Anónimo o Mér, 06/29/2022 - 10:03Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2022/23.
Prazos:
- Período de reclamacións á adxudicación provisonal: 30 de xuño e 1 de xullo de 2022.
- Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro: 4 de xullo de 2022.
- Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 5, 6 e 7 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
- Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22/23
Enviado por Anónimo o Lun, 06/20/2022 - 09:38Pincha aquí para ver o listado de libros e material para o curso 2022/2023
Formalización da matrícula para o curso 2022 2023
Enviado por Anónimo o Xov, 06/09/2022 - 09:18Recordamos que o prazo para a formalizaicón da matrícula do curso 2022 - 2023 vai desde o 20 ao 30 de xuño de 2022. Para poder formalizar a matrícula, a documentación necesaria será:
- Anexo III Debidamente cuberto e asinado.
- 4 fotos tamaño carné (nome e apelidos por detrás)
- Fotocopia da cartilla de vacinas.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Certificado de alerxias ou intolerancias (de ser o caso).
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Xov, 05/19/2022 - 10:42No DOG do día 18 de maio de 2022 publícase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
BENEFICIARIOS
Familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas seguintes modalidades:
a) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
b) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e EE.
c) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria.
d) Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, unicamente vale de material escolar. (Utilizarán libros dixitais e ordenador portátil dentro do Proxecto Edixgal).
PRAZO DE SOLICITUDE
Comeza o 19 de maio e remata o 22 de xuño
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Preferentemente farase por vía telemática. Enlace á aplicación Fondolibros.
De xeito presencial na Secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00.
Documentación a presentar
- Anexo I (deberá vir asidando polos dous proxenitores)
- Anexo II para comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás a persoa solicitante.
- Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, achegar a sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución do/a menor.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »