Recomendámosche

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2024

                                                

Un ano máis, despois de todo o esforzo que tedes realizado ao longo do curso chega o momento de tomar un merecido e reparador descanso.

 

Desde o Equipo de Biblioteca agardamos que continuedes a poñer en práctica ese estupendo hábito do que facedes gala, a lectura diaria. Xa sabedes, o máis importante é escoller aquilo que máis ilusión vos faga e mergullarvos na lectura buscando diversión, entretemento, información, humor, emocións... Un libro é a porta de entrada a novos mundos que queremos descubrir e permítenos viaxar por eles mentres desfrutamos de todo o que nos ofrecen as súas páxinas.

 

Por todo iso achegámosvos unhas recomendacións para estas datas nas que haberá unha chea de recunchos e momentos agardándonos que resultarán ideais para poder desfrutar do pracer da lectura. Facendo clic sobre a  imaxe de cada libro accederedes á información sobre os mesmos.

 

A nosa biblioteca abrirá de novo as súas portas en setembro e volverá a brillar coa luz dos seus lectores que ademais virán cargados de ideas para axudarnos a que sexa aínda un pouco máis completa e inclusiva.

 

 

                                                                  BO VERÁN!!

 

 

                                  

Distribuir contido