AL (Audición e linguaxe)
RESPIRACIÓN
Através deste video-conto aprenderemos a respirar correctamente e traballar a relaxación!
VAI DE CONTOS E POESÍA
A modo de curiosidade, hoxe traio este marabilloso rescurso TIC para coñecer a grande Gloria Fuertes, a poeta dos nenos.
Através de diferentes actividades coñeceremos mellor a poeta e a súa obra, poderemos escoitala, recitando as súas poesías e contos, descubriremos aspectos sobre a súa vida, xogaremos coa máquina de rimas, con adiviña, adivinanza…
Fai clic no enlace para acceder ao recurso.
PLAN DE LECTURA
Velaquí unha proposta de lectura para disfrutar neste tempo de confinamento.
Hai obras para todos os públicos, para lectores apartires dos 4 anos ata lectores maiores de 12 anos. Ide ao enlace é descargade a que máis vos guste!
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/
TEA
Deixovos aquí este completo dossier, onde atoparedes unha recopilación de actividades, materiais e recursos para traballar con alumnado con TEA.
Traballaranse diferentes aspectos, como poden ser a motricidade, os conceptos básicos, a linguaxe, ect… tal é como podemos ver na fotografía, onde aparecen clasificados por cores.
PALABRAS CON B-V
Mediante este simpático xogo, traballamos a ortografía. Preme no enlace e comeza a carreira!
CAMPOS SEMÁNTICOS.
Presentovos unhas láminas para ampliar o vocabulario. Están colocadas por campos semánticos.
https://albances.files.wordpress.com/2020/05/campos-semacc81nticos.pdf
ANTÓNIMOS
Traballamos os antónimos con divertidas fichas!
https://albances.files.wordpress.com/2020/04/antocc81nimos.pdf
DISCRIMINACIÓN VISUAL
Ademáis da discriminación visual, através deste xogo traballamos a atención, o razoamento e a orientación.
https://www.recursoseducativos.net/software/online/xogo_discriminacion/index.php
ARTICULACIÓN
A continuación deixo unha serie de vídeos onde podedes practicar a pronunciación do fonema /R/ e do fonema /S/.
XOGOS DE MEMORIA
Preparados, listos, xa! Escolle entre as numerosas posibilidades presentadas e pon a proba a túa memoria!
Prema no enlace para comezar!
https://www.recursoseducativos.net/software/online/memory/index.php