Estimadas familias:
Segundo Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025, para poder ser usuario do servizo de comedor haberá que entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal a partir do día 25 de xuño e ata o 01 de setembro, o modelo de autodeclaración (Anexo II). Premer aquí para consultar o concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita.
Para ser colaborador no comedor, nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario, comunícaselles que a partir do día 25 de xuño e ata o 1 de setembro, estará aberto o prazo de admisión. Os interesados e as interesadas deberán de entregar no centro ou enviar por correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal, o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por calquera delito contra a liberdade e a indemnidade sexuais, así como por calquera delito de trata de seres humanos; ademais deberán achegar o NIF, ou no seu caso o NIE, así como certificación acreditatiiva dunha entidade financeira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos. O importe pola dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor será de 12,50 euros por día de asistencia efectiva.
No caso de que o alumnado usuario do servizo de comedor presente algún tipo de alerxia/intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta concreta será necesario presentar certificado médico correspondente.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO