VEXO VEO XACOBEO

Estimadas familias:

Premendo aquí poderán ver o vídeo feito nas nosas instalacións por parte da Xunta de Galicia co motivo da realización do proxecto Vexo Veo Xacobeo na etapa de Educación Infantil e en 1º/2º de Educación Primaria.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2022/2023 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro (en Dirección) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso indentificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Do 20 ao 30 de xuño será o prazo para a formalización de matrícula. O horario de atención ao público será de luns a venres, de 09.30 a 10.20 horas, e tamén o mércores, de 13.40 a 14.30 horas. Recoméndase pedir cita previa no teléfono 881880654 ou a través do correo electrónico ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias:

Pola presente, comunicamos que os días 16 e 17 de maio non haberá clase.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

MENÚ MAIO

Para ver o menú pinchar aquí

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2022/2023 no noso centro.

Pola protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro (consultar en Dirección) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado , para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

A partir de hoxe ábrese un prazo de cinco días para posibles reclamacións.

VACACIÓNS ESCOLARES

Estimadas familias:

Comunicámoslles que as vacacións de Semana Santa serán desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

VEXO VEO XACOBEO

Estimadas familias:

No día de hoxe, 31 de marzo, tivemos unha actividade complementaria dirixida ao alumnado de educación infantil e de primeiro e segundo de educación primaria.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Proxecta que se desenvolve nestes cursos ao longo deste ano académico.

Atentamente,

As titoras de Educación Infantil e de 1º/2º de Educación Primaria

MENÚ ABRIL

Para ver o menú de abril pinchar aquí

PUBLICACIÓN DE NOTAS 2º TRIMESTRE - ABALAR

Estimadas familias:

O próximo 01 de abril publicaranse as notas en Abalarmóbil correspondentes ao 2º trimestre.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet