DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA

Estimadas familias:

A Orde do 6 de novembro de 2020 regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas do material escolar no curso 2020-2021 e, polo tanto, non terá que presentar solicitude.

Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) introducindo o código de procedemento ED330E, ou no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal).Tamén poden descargar o formulario premendo aquí

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (os documentos deberá reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018):

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).   
  • Copia do libro de familia onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computalbes utilizando un certificado ou volante de convivencia, ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

O prazo para presentar solicitudes será entre o día 16 e o 27 de novembro de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet