FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Informamos ás familias da publicación ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 do fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e educación especial.
O prazo de presentación das solicitudes vai do 20 de maio ao 21 de xuño do 2023 (ambos inclusive) para E.P. e E.S.O. No caso do alumnado que se matricula en 1º da ESO deben presentar a solicitude no IES no que foron admitidos/as. As familias que precisen a solicitude impresa poden solicitala na Secretaría do centro.
Documentación a presentar:
· Anexo 1 e Anexo 2 cubertos e asinados correctamente (dispoñibles nos arquivos adxuntos)
· Copia do libro de familia ou similar
· En caso de separación, divorcio ou cambios na custodia, copia das sentencias ou resolucións xudiciais.
Lembrade que os datos da renda solicitados corresponden ao exercicio 2021
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO 1.pdf | 1.61 MB |
ANEXO 2.pdf | 990.22 KB |