Skip to Content

Celebramos o magosto

MAGOSTO 2011

A pesar de que o día prometía traer chuvias e temporais, o pasado venres  día 11 do 11 do 2011 decidimos celebrar o tradicional magosto con castañas asadas e xogos populares. No exterior, os pais e nais voluntariamente asábannos as castañas nunha improvisada fogueira no patio de infantil. As 11:50 tocaba o timbre do recreo para baixar a tomar as castañas recén asadas e unha botella de auga. Media hora despois abríanse as portas do novo pavillón que estaba cheo de bandeiras dividindo as pistas cos diversos xogos populares previstos para esta ocasión.

Unha xornada lúdica distinta ao habitual cos xogos de aros, ras, dianas, bolas, gomas, pano, palma, carrerias de sacos e cordas (saltos por grupos  ou competición de forza con xoga-tira). Ademais nas pistas exteriores xogamos aos trompos, zancos e mariquitiñas.

Podedes ver as fotos do magosto na nosa galería.



page | by Dr. Radut