SABEDES QUE DÍA É HOXE?

Ola rapaces!

sabedes que día é hoxe?, pois sí,...acertáchedes é 2 de abril, "Día mundial da concienciación sobre o autismo", para dar a coñecer a realidade destas persoas. Este ano toca celebralo dende as nosas casas, así que vos propoño unha actividade que sei que vos vai a gustar moito. 

Consiste en que fagades un "molinillo" de vento de cor azul, e o poñades nas ventás das vosas casas, a xente que o vexa, investigará e saberá que estamos a celebrar hoxe, que vos parece?, veña a traballar xa!, se non tendes cartolina desa cor, podedes pintar un folio e listo!.

A continuación ddéixovos un enlace, para que vexades como tendes que facer,

COMO FACER UN "MOLINILLO" DE VENTO

Un saudo, 

A profe Inma

Powered by Drupal - Design by artinet