TODO SAIRÁ BEN!

Ola a tod@s!

O primeiro de todo é saudarvos e agardar que esteades ben. Estamos a vivir unha situación descoñecida que está a supor un cambio repentino nas nosas vidas e que evidentemente pode xerar inquedanzas e incertidumbre, por iso, é moi importante acompañarnos, coidarnos moito e sobre todo QUEDAR NA CASA!

Estes días a confianza e a calma serán as nosas grandes aliadas.

Dende o cole intentaremos manter o contacto con vós a través de distintas canles telemáticas: a web do centro e AbalarMóbil, por iso é moi importante que esteades pendientes da información que vos imos deixando e que teñades activada a aplicación.

A continuación déixovos un enlace, onde poderedes accedar aos vosos libros de texto "on line", ireivos deixando propostas de actividades e iremos avanzando pouco a pouco nas distintas materias, pero non vos preocupedes, serán sinxelas e como sempre digo eu: "levaranvos moi pouquiño tempo..."

É moi sinxelo simplemente tendes que acceder á seguinte páxina web e introducir o código de licencia e contrasinal que aparecen a continuación:

aulavirtual.santillana.es

LICENCIA: 99999980-18104-0001

CONTRASINAL: wH2pJmNx

Teredes novas miñas prontiño,

                      Un saúdo,

                           A profe Inma

 

Powered by Drupal - Design by artinet