***RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO PARA O CURSO 2021-2022
O luns 11 de xaneiro comezou o prazo para reservar praza no Instituto no que o voso /a fillo/a cursará a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), segundo o establecido DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), ORDE do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro) e ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro).
Información: Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022
A reserva de praza será para o IES Faro das Lúas, centro ao que o noso colexio está adscrito, e para iso deberá:
- Cumprimentar manualmente e firmar a solicitude de reserva (modelo: Anexo I ED550A e Anexo ED550A bis) e entregalo a través dos propios alumnos no colexio antes do 8 de febreiro.
- Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberán contar con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ . Nese mesmo enlace poden atopar toda a información que precisen.
Noutro instituto diferente, deberán entregar a solicitude de admisión (modelo: Anexo II ED550B) no centro onde desexe cursar estudos da ESO entre o 1 e o 20 de marzo, para o cal enviaremos a información necesaria antes do 1 de marzo.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
***FELICITACIÓN
Felices Festas e os mellores desexos para o próximo ano.
FESTIVAL DE NADAL
Queridas familias:
Este ano debido a pandemia causada pola COVID-19 non puidemos celebrar o noso festival de Nadal de xeito presencial, por iso, o Claustro de mestres do CEIP San Roque, decidimos crear uns videos coas cancións e panxoliñas que prepararon os nosos nenos e nenas.
Agardamos que vos guste moito!!!!
Moi pronto voltaremos á normalidade, ata entón seguiremos poñendo toda a nosa ilusión e cariño con traballos como este.
Para ver o video a pantalla completa, clicar na palabra Youtube.
*** PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO NA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
No taboleiro, na entrada do centro, están as listaxes provisionais do alumnado admitido para a distribución de máscaras. Contra estas listaxes poden presentar unha reclamación entre os días 3 e 4 de decembro de 2020 na secretaría do centro.
Todo o alumnado que obtivo o cheque de material está admitido para esta distribución de máscaras.
***CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Foi publicada no DOG nº 230 do 13 de novembro de 2020 a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria(...) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación.
- NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2020/2021 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento
-
SI TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO: o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. (datos fiscais do ano 2018)
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65
-
O prazo de presentación das solicitudes (impreso máis documentación complementaria) será do día 16 de novembro ao 27 de novembro incluído.
Pode descargar o impreso AQUÍ para a solicitude ou ben recollelo no centro.
Samaín
O Samaín no CEIP San Roque
Este ano o Samaín foi diferente, pero foi divertido, formativo e grazas a todas as familias tamén foi posible apreciar as cabazas feitas nas casa polas nenas e nenos do cole.
Con cada unha das fotos que trouxeron os nosos alumnos montouse un mural conmemorativo:
Queremos agradecer a ANPA os agasallos que prepararon para as nenas e nenos do cole, co que conseguiron que este día fose moito mais doce, foi un bonito agarimo. Grazas!!!
E grazas tamén a todas as familias que colaboraron coa elaboración das cabazas e enviándonos as fotografías.
Aquí tendes o terrorífico vídeo que mostra o bonito que quedou este mural:
Plan de acollida
O plan de acollida, ven a completar os documentos anteriores sobre o COVID19 resumindo aspectos básicos como HORARIOS, ENTRADAS E SAÍDAS, GARDAS...
Plan de continxencia do CEIP San Roque
Estimadas familias, co fin de facilitar a consulta das medidas relacionadas coa adaptación ao COVID19, publicamos o Plan de continxencia, que ven sendo un extracto do Plan de adaptación que xa está dispoñible na web hai tempo.
Para consultar este documento premer no seguinte enlace:
https://1drv.ms/w/s!AvEOg8-tJbwWnWQ--oCNS9eJSORQ?e=eu2ZXF
Con este documento, se clarifican dúbidas con respecto a temas como Entradas/Saídas, horarios, recreos, quendas...
Saúdos
ENQUISA
Esta enquisa é para saber con que medios conta o noso alumnado,na casa, por se algún curso ten que estar en cuarentena.
Deben clicar no curso correspondente e enviar 1 soa enquisa por neno ou nena.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »