CONVOCATORIA AXUDAS ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE). CURSO 2022/2023
Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022, estará aberto o prazo para solicitar axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE), curso 2022/2023.
Destinatarios:
- Alumnado TDAH con discapacidade, trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
- Alumnado TEA.
- Alumnado con discapacidade ou trastorno grave de conducta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe que presentan NEAE.
- Altas Capacidades intelectuais.
Prazo: ata o 30 de setembro de 2022.
Para calquera consulta, podedes contactar co Departamento de Orientación
IMPORTANTE: As solicitudes terán que se cumprimentar mediante o formulario accesible por internet no enderezo: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional no enderezo: https://sede.educacion.gob.es/portada.html.
*** AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/2023
Estimadas familias, informamos de que se publicou a Orde que regula o Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para material escolar.
Poden presentar a solicitude vía electrónica mediante a aplicación fondolibros (pulsa para acceder) ou de xeito presencial, presentando o impreso debidamente cumprimentado xunto coa documentación requerida.
Os impresos poden pedilos no centro ou descargalos AQUÍ. O prazo de presentación remata o VENRES 22 DE XUÑO.
A renda a ter en conta é a do ano 2020
Documentación a presentar:
- Anexos I e II debidamente cumprimentados
- Fotocopia do Libro de familia onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar
- Fotocopia do DNI (se se opón á consulta)
- Declaración da renda do 2020 (se se opón á consulta)
- Certificación de dicapacidade (se é o caso)
- Percepción de pensión por incapacidades (se é o caso)
- Sentencia xudicial de divorcio (se é o caso)
- Volante de convivencia (se o solicitante carece de DNI e Libro de familia)
- OUTROS: violencia de xénero, incapacitación, garda ou tutela da Xunta de Galicia...
1º e 2º de Primaria: Vale para libros de Texto e vale para material escolar
3º e 4º de Primaria: Fondo de libros de texto e vale para material escolar
5º e 6º de Primaria: Vale para material escolar. Nestes cursos non hai libros de texto por ser EDIXGAL
Máis información nas páxinas web:
CAMPAMENTO da LANZADA 2022
Campamento da Lanzada 2022
Desde a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Vilanova de Arousa, INFORMAMOS de que xa saiu convocado o campamento da Lanzada da Deputación para este ano 2022:
“DEPO AVENTURA A LANZADA 2022”
Poderán participar todos os menores nacidos entre os anos 2009 e 2014 (ambos os dous incluídos).
Haberá desconto por familia numerosa e prazas gratuítas para familias con escasos recursos
A partires do martes 22 de febreiro de 2022 os interesados teñen 15 días hábiles para formalizala inscrición (ata o15/03/2022)
+ INFO: Na OMIX do concello situada provisionalmente na aula cemit (ó lado da ORAL), telf.: 986 55 48 45 e en omix@vilanovadearousa.gal
*** SOLICITUDES DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023
- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN
Do 1 de MARZO ao 21 de MARZO 2022
- DOCUMENTACIÓN
- Prema AQUÍ para descargar o Anexo II: Formularios de Admisión
- Os impresos tamén os poden recoller na conserxería do centro
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (Fotocopia do DNI ou do libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2021/2022 (só alumnado procedente doutro centro). No caso de admisión en 4º de Infantil -3 anos- NON
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.
- FORMAS DE PRESENTAR AS SOLICITUDES
-
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: ADMISIONALUMNADO
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Letra de desempate
Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foronV- U para o primeiro apelido e A-Z para o segundo.
- NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2022-2023:
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código doe procedimento ED550A e ED550B)
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro pola que se regula a admisión do alumnado.
- ASPECTOS IMPORTANTES DA ORDE A TER EN CONTA:
Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. De presentarse máis dunha solicitude ou se se comproba a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao centro de orixe.
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
- OFERTA DE VACANTES
CURSO |
VACANTES |
4º INFANTIL |
22 + 3 NEAE |
5º INFANTIL |
11 |
6º INFANTIL |
5 |
1º PRIMARIA |
6 + 3 NEAE |
2º PRIMARIA |
1 |
3º PRIMARIA |
8 |
4º PRIMARIA |
4 |
5º PRIMARIA |
7 |
6º PRIMARIA |
0 |
Informamos de que as listaxes non poden ser publicadas no taboleiro exterior do centro nin na web, xa que a Axencia Nacional de Protección de Datos así o indica, polo que soamente serán expostas no taboleiro interno do centro. De todos xeitos, seguiremos informando a través desta vía durante todo o proceso.
Información para as familias monoparentales, PREMER AQUÍ
Renovación do Consello escolar
Tras a 4ª reunión da Xunta electoral (a 3ª celebrouse só para comprobar se había reclamacións e non houbo), informamos dos seguintes acordos:
- Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector de nais e pais:
- Sara Váquez Leiro
- Marta Viñas Díaz
- Proclamamos as candidatas electas tras a celebración das votacións no sector do profesorado (Claustro extraordinario):
- Mª Jesús Rubio da Silva
- Mª Carmen Villaronga García
- No sector de administración e servizos, renova o actual membro:
- Juventino Padín Doval
- Con respecto ao representante do Concello, renova o actual membro:
- Javier Tourís Romero.
- Con respecto á representante da ANPA, será a súa presidenta:
- Isabel Vicente Piñeiro.
O vindeiro 10 de decembro, convocaremos ao Consello escolar para a correspondente constitución e daremos por finalizado todo o proceso.
Eleccións ao Consello Escolar
Tras a celebración da 2ª reunión da Xunta electoral,
ACORDAMOS que o censo electoral foi correcto (non houbo reclamacións),e tras o prazo de presentación de candidaturas, presentáronse as seguintes:
- Maeva Sineiro Somoza
- Rosa Tourís Gómez
- Sara Vázquez Leiro
- Marta Viñas Díaz
A partir de hoxe e durante os días 18 e 19 queda aberto o prazo para reclamar as candidaturas.
O día para as votacións será o martes 23 de novembro, en horario de 09:15h a 9:45h, e de 14:15 a 14:45 na aula de música do centro.
Animádevos a participar!!
Moitas grazas!!!
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR:
O pasado venres, día 5 de novembro constituíuse a Xunta electoral que levará a supervisión de todo o proceso de Renovación do Consello escolar. Tamén solicitouse ao Concello e a ANPA que designen aos seus representantes. Por último, temos publicado o censo de nais e pais dos alumnos matriculados no centro, o cal podedes consultar e reclamar ata o vindeiro luns, día 15 de novembro.
O censo estará dispoñible na web do centro, no ficheiro adxunto ao pé desta mensaxe.
Tamén poderedes consultar o censo no taboleiro de anuncios do centro.
Aquelas nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar, podedes presentar a vosa candidatura dende hoxe ata o 16 de novembro. Podedes chamar ao 886151891 ou enviar un email ao correo ceip.sanroque@edu.xunta.gal e manifestar o voso interese en formar parte deste órgano.
O Consello precisa de dous membros novos para completar a representación dos pais e nais,de non haber candidatos, as nais e pais quedariades con menor representación nas decisións que se tomen neste importante órgano de participación.
*** CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022
O XOVES 16 de SETEMBRO 2021 será Días non lectivo por ser Festivo Local.
O MÉRCORES 16 de MAIO 2022 tamén será Día non lectivo.
*** LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022
Libros de texto 1º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)
CIENCIAS DA NATUREZA 1: ISBN: 9788468255927
CIENCIAS SOCIAIS 1: ISBN: 9788468255934
LINGUA GALEGA 1: ISBN: 9788468255910
MATEMÁTICAS 1: ISBN: 9788468254692
VALORES SOCIALES Y CÍVICOS 1: ISBN: 9788468254838
RELIXIÓN CATÓLICA 1º: ISBN: 978-84-678-8651-1. Editorial ANAYA.
INGLÉS: 978-0-19-4562348. All About Us 1 class book pack . OXFORD.
Libros de texto 2º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)
CIENCIAS DA NATUREZA 2: ISBN: 9788468255996
CIENCIAS SOCIAIS 2: ISBN: 9788468256009
LENGUA CASTELLANA 2: ISBN: 9788468254852
LINGUA GALEGA 2: ISBN: 9788468255989
MATEMÁTICAS 2: ISBN: 9788468254869
RELIXIÓN CATÓLICA 2º: ISBN: 978-84-678-7709-0. Editorial ANAYA.
INGLÉS: ISBN 978-0-19-4562362. Great Explorers 2 class book pack. OXFORD.
Libros de texto 3º curso (Ed. VICENS VIVES- Proxecto Zoom)
CIENCIAS DA NATUREZA 3: ISBN: 9788468250717
CIENCIAS SOCIAIS 3: ISBN: 9788468252087
LENGUA CASTELLANA 3: ISBN: 9788468257730
LINGUA GALEGA 3: ISBN: 9788468271149
MATEMÁTICAS 3: ISBN: 9788468258874
INGLÉS: ISBN 978-0-19-456238-6 All About Us Class Book 3. OXFORD.
ISBN 978-0-19-456224-9 All About Us Activity Book 3. OXFORD.
VALORES SOCIAIS E CÍVICOS 3: ISBN 978846826808
Libros de texto 4º curso (Ed. Santillana- Proxecto Saber Facer)
CIENCIAS DA NATUREZA 4: ISBN 978-84-9972-638-0
CIENCIAS SOCIAIS 4: ISBN 978-84-9972-425-6
LENGUA CASTELLANA 4: ISBN 978-84-680-2956-6
LINGUA GALEGA 4: ISBN 978-84-9972-616-8
MATEMÁTICAS: ISBN 978-84-8305-609-7
INGLÉS: ISBN 978-0-19-450768-4 Great explorers 4 Class Book. OXFORD.
ISBN 978-0-19-450760-8 Great Esplorers 4 Activity Book. OXFORD.
- LIBROS 5º PRIMARIA
· Sen libros: EDIXGAL posto que utilizan os ultraportátiles do programa EDIXGAL en tódalas materias.
- LIBROS 6º PRIMARIA
· Sen libros: EDIXGAL posto que utilizan os ultraportátiles do programa EDIXGAL en tódalas materias.
- 4º Educación Infantil (3 anos) Editorial Santillana. Proyecto ¡ Badabam!
Proyecto Badabam 1º trimestre ISBN 978-84-680-6262-4
Proyecto Badabam 2º trimestre ISBN 978-84-680-6258-7
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »