Samaín
A semana pasada celebramos no noso cole o Samaín.
As nenas e nenos trouxeron cabazas adornadas. Foron moitas e moi ben traballadas, por iso foi moi difícil decidir cales eran merecedoras de premio.
Dende o centro agradecemos a vosa colaboración.
INSTRUMENTOS
Hoxe visitou o noso cole un mestre da Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra. Mostrounos como se tocaban distintos instrumentos de percusión como a pandereta, as cunchas de vieira, as culleres... e tamén distintas frautas ata chegar á gaita e a gaita electrónica. Uns nenos e nenas do cole tocaron unha pequena peza.
AXUDAS LIBROS 12-13
ESTÁN CONVOCADAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2012-2013.
PODEN RECOLLER OS IMPRESOS NA SECRETARÍA DO CENTRO, EN HORARIO DE SECRETARÍA ( 12:30-14 H.) DURANTE TODO O MES DE XUÑO.
ACTIVIDADES LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA 6º DE PRIMARIA
COMEDOR ESCOLAR
Van comenzar as obras para habilitar unha dependencia do centro como COMEDOR ESCOLAR.
Para o curso 2011-2012 tódalas familias que o necesiten ou o desexen, poden facer uso deste novo servizo complementario do centro.
Estará funcionando tódolos días lectivos dende as 14:35 ata as 16:35h.
Estaremos
no C.E.I.P. San Roque
dende setembro.
DÍA DA PAZ 2011
O DÍA DA PAZ NO CEIP SAN ROQUE DE CORÓN REALIZAMOS DIFERENTES ACTIVIDADES:
FIXEMOS O SÍMBOLO DA PAZ COAS FOTOS DE TÓDOLOS/AS ALUMNOS/AS E MESTRES/AS DO CENTRO.
DESPOIS NA AULA DE MÚSICA UN GRUPO DE ALUMNO/AS LEU A TÓDOLOS DEMAIS A HISTORIA DE WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ, O ACABAR DE LER A HISTORIA OS/AS ALUMNOS/AS FIXERON DISTINTAS PETICIÓNS PEDINDO A PAZ, ATA OS DE 4º CURSO FIXERON UN RAP EN FAVOR DA PAZ. DESPOIS DAS PETICIÓNS VISIONAMOS UN VIDEO, REALIZADO POLA PROFESORA DE PT ESTER, PARA DARNOS CONTA DO IMPORTANTE QUE É A PAZ, O VIDEO ESTIVO MOI BEN E O REMATAR RECIBIU UNHA GRAN OVACIÓN TANTO DOS /AS ALUMNO/AS COMA DOS/AS MESTRES/AS.
ESTAS ACTIVIDADES FORON NO INTERIOR DA ESCOLA, DESPOIS SAÍMOS Ó PATIO E, AGARRADOS/AS TODOS/AS DAS MANS FIXEMOS DOUS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS E CANTAMOS A CANCIÓN DE MACACO "MENSAJES DEL AGUA".
PARA FINALIZAR, Ó ACABAR DE CANTAR A CANCIÓN, OS/AS ALUMNO/AS DE 6º CURSO, COMA SEMPRE, BOTARON A VOAR UNHA PALOMA, QUE CHEGOU RAPIDAMENTE ATA O TELLADO DO COLEXIO. (Preme na imaxe para ver máis fotos).
HOXE LÉOCHE EU MAÑÁ LESME TI
Dende a biblioteca estase levando a cabo a actividade HOXE LÉOCHE EU MAÑÁ LESME TI, co obxectivo de fomentar a lectura os alumnos vanse contando contos uns a outros .
Neste caso os lectores son dous alumnos de 6º NEREA E PABLO que cos colaboración do equipo da biblioteca prepararon o conto A VACA QUE PUXO UN OVO ,para contarllo a os alumnos de infantil os cales disfrutaron moito da actividade. (Preme na imaxe para ver máis fotos.)
O NADAL EN CORÓN 2010
EN CORÓN NO NADAL TEMOS A VISITA DE PAPÁ NOEL, DOS REIS MAGOS, E NESTA OCASIÓN VEUNOS A VISITAR TAMÉN UN MAGO, QUE NON ERA REI PERO LEVANTOU O ASOMBRO DE TÓDOLOS/AS ALUMNO/AS E MESTRES/AS DO COLEXIO COS SEUS TRUCOS INEXPLICABLES. ADEMÁIS TAMÉN TIVEMOS, COMO É DE COSTUME O FESTIVAL DE NADAL, COAS CORRESPONDENTES ACTUACIÓNS DE TÓDALAS CLASES DO CENTRO, CUNHA MOI BOA OBRA DE TEATRO REPRESENTADA POLOS/AS ALUMNOS/AS DE 6º CURSO. DESPOIS TAMÉN DISFRUTARON DOS HINCHABLES, COMO NON, DO CHOCOLATE, DOS FLOCOS... FEITOS POLA SEMPRE GRANDE COLOBORACIÓN DOS PAIS E NAIS DOS/AS ALUMNOS/AS DO CENTRO. Premer para ver máis fotos.
VISITA DE ANXO FARIÑA
A visita de ANXO FARIÑA ó CEIP DE SAN ROQUE, FOI UNHA MEZCLA DE MÁXIA E ARTE. CONVERTIU A ANXO DA CLASE DE INFANTIL DE 5 ANOS NUN DRAGÓN E A NEREA PADÍN DE 6º CURSO NUNHA PIRATA, TODO ISTO EN CINCO MINUTOS. ADEMAIS DEMOSTROUNOS, ENTRE RISAS E ARTE, O DIFICIL OU FÁCIL (PARA ALGUNHOS) QUE É DE ILUSTRAR UN LIBRO.O MESMO TEMPO TAMÉN COMENTOU COMO ERA DE DIFICIL ESCRIBIR UN LIBRO E CANTO TEMPO TIÑAMOS QUE EMPREGAR PARA ELO....AHORA IMOS VER ALGUNHAS FOTOS DA VISITA, SI QUEREDES VER MÁIS CLICADE NUNHA DELAS.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »