Skip to Content

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA #DEFC2020

 

Ola rapaces e rapazas.

 

Todos os anos por estas datas ten lugar unha festa que é moi impotarte para a Educación Física, “O día da Educación Física na rúa”. Nese día de festa moitos colexios de Coruña xuntámonos na Praza de María Pita para practicar multitude de modalidades deportivas. O ano pasado participou o alumnado que hoxe está en 5º.   

 

Este ano non podemos facer a festa na rúa, pero si podemos celebrar “O día Educación Física na casa”. 

 

 ¿Queres animarte a celebrar este día tan especial? Pois mándanos un video dun máximo  de 30 segundos practicando algunha modalidade deportiva que fixemos en Educación Física ou algnha que ti practiques e che guste moito. Por exemplo:

 

  • Alimentación saudable
  • Primeiros Auxilios (RCP)
  • Un deporte: Parkour, Acrosport, Esgrima, Colpbol, Bádminton Ximnasia rítmica, Patinaxe, Taekwondo, Xadrez, Ciclismo, Baloncesto, Fútbol, Balonmán, Skate, Natación ou calquera que che guste moito...
  • Un xogo de EF ou Xogos tradicionais
  • Bailes

E se animas a participar as persoas coas que estás na casa, xenial. Nas festas canta máis xente moito mellor.

Con todos os videos que recibamos faremos unha montaxe para publicar no blog do colexio e así o teñamos de recordo.

 

Enviade os vosos videos antes do 24 de abril a  spvfabian@gmail.com ou spvruben@gmail.com

 

 



blog | by Dr. Radut