Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que pasará ao IES no vindeiro curso 2022/2023.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prazo aberto: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
Para presentar unha solicitude, poderase facer das seguintes maneiras:
- Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberase acceder á aplicación admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital. Nos arquivos adxuntos atoparedes un manual para as familias.
- Cubrir a solicitude informaticamente na aplicación admisionalumnado e presentala asinada de xeito manual na Secretaría do centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente na Secretaría do centro. Podedes descargar o impreso ED550A en galego ou en castelán, nos arquivos adxuntos.
Para calquera dúbida ou aclaración podedes poñervos en contacto co centro no teléfono 982 87 00 85.