Neste curso 2024/2025 estaremos inmersos nun novo proxecto que leva o nome de "EXPLORADOR@S POR BARREIROS", o cal será o fío condutor de gran parte da estrutura pedagóxica que sustentará os contidos curriculares ata final de curso.
Gran parte das actividades complementarias e extraescolares organizadas polo centro serán acordes a esta temática.
@s nos@s explorador@s pasaron polo photocall para inmortalizar o primeiro día de curso.
Con este proxecto pretendemos que o alumnado desenvolva de xeito integral as competencias curriculares partindo da realidade e do coñecemento da nosa contorna máis próxima co fin de ampliar horizontes e alcanzar novas metas interesantes.
Iredes recibindo información pouco a pouco segundo vaia avanzando o curso.
Desexámosvos un bo ano académico 2024/2025.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Image 2024-10-15 at 11.04.44.jpeg | 294.18 KB |