Skip to Content

APERTURA DE PRAZO PARA A COLABORACIÓN DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2024/25

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradoras/es voluntarias/es nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.

O prazo para presentar solicitudes é do 1 ao 5 de xullo, pero permanecerá inicialmente aberto ata o día 5 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

Durante o curso escolar 2024-2025 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

No caso de ser seleccionad@s polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:

  • Carné de Manipulador/a de alimentos
  • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
  • No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
  • Copia do NIF/NIE.
  • Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude colaboradoras.pdf89.05 KB


page | by Dr. Radut