Skip to Content

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2019/2020 E RECOLLIDA DO MATERIAL QUE QUEDOU NAS AULAS

A información completa e as datas de devolución de libros e recollida de material no documento adxunto.

Normas xerais para todos os cursos:

  • Sempre que sexa posible, acudirá ao colexio unha única persoa adulta no día e hora fixados para cada curso.

  • É obrigatorio o uso de mascarilla.

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO (1º e 2º EP), FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO (3º e 4º EP) E VALES MATERIAL ESCOLAR (1º, 2º, 3º, 4º ,5º , 6º EP E 1º ESO)

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 20 de maio de 2020 e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

Toda a información no documento adxunto.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

A totalidade do alumnado que presentou neste centro solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar obtivo praza.

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo de 2020.

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS DE PRIMARIA (COVID19)

Boas prácticas en internet

Neste cartaz facémosvos unhas recomendacións para utilizar internet de forma segura.

MOI IMPORTANTE!!!!

 

Para agrandar premer en "adxunto"

MATRÍCULA CURSO 2020-2021. REANUDACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Dende o día 11 ao 18 de MAIO de 2020 (ambos inclusive) atópase de novo aberto o prazo de admisión de novos alumnos/as neste centro para o curso 2020-2021.

IMPORTANTE: Tarefas escolares 3º, 4º, 5º e 6º de primaria

Cada luns publicaremos na AULA VIRTUAL de cada curso a proposta de actividades para toda a semana. Incluirá fichas imprimibles e actividades interactivas.  O alumnado que non poida imprimir as fichas pode solicitar ao Concello de Barreiros a súa impresión e distribución chamando ao teléfono 666875946 ou enviando un correo electrónico a cemitbarreiros@gmail.com

Celebración do Día Mundial do Libro

Envía a túa foto con NOME e CURSO a biblio.donadisparate@gmail.com

Novas actividades para 4º de Primaria (14-4-2020)

Envío un PDF, elaborado por Andrea Díaz, para repaso de unidades de tempo que tamén podedes complementar con algún xogo e actividade no ENLACE que tamén nos enviou. Todo esto é para ir facendo ó longo desta semana, mentres esperamos órdenes da Consellería sobre como se vai organizar o último trimestre.

Titorial para conectar a internet calquer dispositivo (PC ou tablet) á conexión de datos do teléfono móbil.

Si tedes dúbidas para conectar unha tablet ou un ordenador portátil(PC) a internet a través do voso teléfono móbil (se non tedes wifi ou conexión a internet na vosa casa), podedes botarlle un ollo a este vídeo no que un compañeiro do CRA Villayón (Asturias) no lo explica de xeito moi gráfico. Gracias polo vídeo.

Preme  aquí para ver o vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut