Skip to Content

"UN MUNDO POR DESCUBRIR"

Neste curso 2022/2023 estaremos inmersos nun proxecto que leva o nome “UN MUNDO POR DESCUBRIR”, o cal será o fío condutor de gran parte da estrutura pedagóxica que sustentará os contidos curriculares ata fin de curso.

Por trimestres a temática concretarase do seguinte xeito:

             - 1º trimestre: Descubrindo o noso país.

             - 2º trimestre: Descubrindo Europa.

             - 3ºtrimestre: Descubrindo os continentes.

                Gran parte das actividades complementarias e extraescolares organizadas polo centro serán acordes a esta temática.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2022/2023

 

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2022/2023

CURSO                               DÍA                               HORA

ED. INFANTIL         Martes 6 setembro                 10:00

 1º EP                      Martes 6 setembro                13:00

 2º EP                      Martes 6 setembro                12:00

 3º EP                      Mércores 7 setembro            11:00

 4º e 5º EP              Mércores 7 setembro            11:00

 6º EP                      Mércores 7 setembro            12:00

 

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

 

  • Entrega de vales: días 7 e 8 de xullo en horario de 09:30 a 13:30 horas na Secretaría do centro.
  • Entrega de libros de texto do fondo: ao comezo do curso en setembro.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

As listaxes provisionais pódense consultar:

  • Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar (Secretaría).
  • Telemáticamente: A través da aplicación "fondolibros" https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 2 días seguintes á súa publicación.

APERTURA DE PRAZO PARA A COLABORACIÓN DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2022/23.

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP San Miguel de Reinante Barreiros como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión cubrindo a solicitude adxunta (dispoñible tamén na Secretaría do centro) e presentándoa no centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

No caso de ser seleccionados polo Consello Escolar para o posto, deberán achegar a seguinte documentación:

  • Carné de Manipulador/a de alimentos (emitido con data 24/06/2015 ou posterior)
  • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais.
  • No caso de ser estranxeira, deberá achegar ademais un certificado negativo de antecedentes penais do seu país de orixe ou de onde é nacional, traducido ao galego ou castelán e legalizado de conformidade cos Convenios Internacionais en vigor, sempre respecto dos delictos aos que se refire o artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996.
  • Copia do NIF/NIE.
  • Certificación acreditativa dunha entidade financieira onde dispoñan de conta, aos efectos de poder realizarlles os correspondentes pagamentos.

 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 21/22

 

CIRCULAR FIN DE CURSO

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 Publicada a convocatoria para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquirir libros de texto e

material escolar.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 22 DE XUÑO. A entrega presencial de documentación no centro realizarase en horario de

secretaría:

                  - Luns: de 11:10 a 14:00 h.

              - Martes: de 13:00 a 13:45 h.

              - Mércores e venres: de 11:10 a 12:00 h.

 

Nos arquivos adxuntos atoparedes toda a información sobre o proceso e os Anexos I e II para imprimir.

 

ENLACE Á APLICACIÓN "FONDOLIBROS".

 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN ALUMNADO 2022/2023

A totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar obtivo praza neste centro educativo.

 

A listaxe provisional pódese consultar:

 

- Presencialmente: No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

- Telemáticamente: A través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS: antes do 15 de maio.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut