Un ano mais o noso centro participou no Obradoiro de Xogos Tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo, da Deputación Provincial de Ourense. Os xogos bailados, o cazador, o chourizo... foron os protagonistas das sesións deste curso que, coma sempre, soubéronnos a pouco!
A canción "Qué pasa" de Juanes pechou o Día da Paz no noso colexio, tras reivindicar o xogo sen pelexas, mostrar unhas fermosas pombas con mensaxe, escoitar unha historia exemplar duns animais...
Visitamos a carpa instalada na "Feira" de Cartelle pola Deputación Provincial de Ourense, dentro do programa pola sostibilidade da provincia de Ourense. Alí escoitamos cousas moi interesantes sobre a reciclaxe e voltamos para o colexio con varios agasallos.
Por segunda ocasión participamos no cole no "Nunca sen almorzo". Trátase de tomar conciencia do importante que é realizar un bo e saudable almorzo a diario. Para elo a Consellería de Sanidade promove esta actividade na que hai primeiro unha charla e despois realizase un almorzo.
Ademáis como o noso colexio foi o primeiro no que se iniciou a campaña este ano, presentaron o acto o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense, María Villar, e acompañounos Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle.
Foron numerosos as nais, os pais e titores que quixeron acompañarnos tanto na charla coma no almorzo.
Realizamos unha andaina de parte da "Ruta do Río Gato". Nas cercanías de Cartelle, baixo o pobo de Madarnás, transcorre o río Gato nun fantástico entorno natural, e a pouca distancia entrega as súas augas ao Arnoia.
Celebramos un ano máis o Festival de Nadal, coa participación de todo o alumnado do colexio. As actuacións foron moi variadas e divertidas e ao final... Sorpresa! Os Reis Magos viñeron para deixarnos uns agasallos moi doces!!!
Celebramos o Día da Biblioteca 2013. Realizamos un mural no que participou todo o alumnado do colexio. Nel mostramos os libriños que máis nos teñen gustado ultimamente.