A Xunta de Galicia acaba de publicar unhas axudas para os usuarios de pago gratuito e tamén para os de pago 1€.
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf
COUSAS IMPORTANTES:
- Son compensacións do custo diario do menú por comensal: 2,50€ para os usuarios gratuitos e 1,50€ para os que pagan 1€.
- A solicitude é única por familia.
- Datas que cubre:(faranse dous pagamentos)
Dende o día 16 ata o 31 marzo (11 días lectivos) e do 1 ao 3 de abril .
En caso de prórroga, cubriría os seguintes 14 días lectivos de abril.
- Prazo de solicitude: do 31 de Marzo ata o 6 de abril.
- Petición: de xeito telemático a través de sede da Xunta https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES e buscar o procedemento ED601B.
No caso de necesidade de axuda, a dirección do centro a través do seu correo electrónico axudaravos no que precisedes.