Prazo de presentación de solicitudes:
Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.
HORARIO DE ATENCIÓN PRESENCIAL DO 22 AO 29 DE XUÑO (INCLUÍDOS).
DE 10:00h a 13:00h.
Documentación a presentar:
1. Impreso de matrícula (ANEXO III-1)
2. Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais, e de ter, do alumno/a.
3. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do/a alumno/a.
4. Certificado médico do/a alumno/a (posibles enfermidades infecto-contaxiosas).
5. Fotocopia da cartilla de vacinas.
6. 2 fotografías do alumno/a tamaño carnet.
7. De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador.
8. Solicitude de transporte.
9. Certificado de empadroamento.
10. Cuestionario de lingua materna (UNICAMENTE O ALUMNADO DE 4º CURSO DE E. INFANTIL – 3 ANOS)
11. Folla informativa sobre alerxias e intolerancias (de ser o caso).
12. Informe NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) (UNICAMENTE PARA O ALUMNADO NEAE).
13. Certificado de escolarización do centro de procedencia (UNICAMENTE PARA O ALUMNADO PROCEDENTE DOUTRO CENTRO EDUCATIVO).
IMPORTANTE: A documentación que figura nesta listaxe que xa fose aportada coa Solicitude de Admisión non é necesario volver a presentala.
*Requírese instalar Abalar Móbil, por ser a principal forma de comunicación coas familias.
**Non serán admitidas as solicitudes nin a documentación presentadas fóra de prazo.