Skip to Content

PERSOAS COLABORADORAS VOLUNTARIAS DO SERVIZO COMEDOR 2024/2025

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA PERSOAS COLABORADORAS DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 2024/2025

 ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SAN MARCOS (CARTELLE), COMO PERSOAS COLABORADORAS VOLUNTARIAS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024/2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 8 setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

Durante o curso escolar 2024-2025  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

A directora do centro.

Cartelle, 24 de xuño de 2024.



blog | by Dr. Radut