Estimadas nais, pais :
Lembramos que comeza a reserva de prazas para alumnado novo de Educación Infantil e Educación Primaria no noso centro.
O alumnado de 6º curso que remata Primaria no noso centro poderá facer a reserva de praza no instituto ao que estamos adscritos, o IES CELSO EMILIO FERREIRO.
O impreso de solicitude de reserva de praza para o instituto entregarase no colexio ou pode cubrirse por vía telemática na páxina: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no apartado “solicitudes”e logo imprimilo e entregalo no centro (deberá presentarse o código da solicitude e o DNI) ou presentarse a través da aplicación da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, no caso de que teñades certificado dixital ou Chave 365.
O documento da solicitude tamén está á vosa disposición no arquivo adxunto.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de febreiro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550A-G.pdf | 1.33 MB |