Eventos
EXCURSIÓN A LEIRO
Onte, día 6 de xuño, os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, fomos de excursión á "Aldea Cavernícola" de Leiro. Alí xogamos nas colchonetas, fixemos tiro con arco, xogamos ao futbolín humano, bailamos, cantamos, "camiñamos" sobre a auga e, ao final da xornada, refrescámonos na auga do río. Pasámolo moi moi ben!
SESIÓN DE CINE
Este mércores 21 de xuño, os nenos e nenas do CEIP San Marcos asistimos no cole a unha sesión de cine. Con palomitas, visionamos a película "El bebé jefazo". Quedáronnos ganas de repetir!!!
FESTAS DE AULA 2017
Onte, 22 de xuño, o profesorado titor do centro organizou unha festa de aula para celebrar o remate deste curso académico 2016-17. Organizados os preparativos, e unah vez feita a despedida do alumnado de 6º de primaria, profesorado e alumnado pasárono en grande xogando, bailando polas diferentes aulas e desfrutando dun día de festa.
- FELICES VACACIÓNS -
O profesorado do centro desexa que todos os nosos alumnos e alumnas pasen unhas moi felices vacacións. Ata o próximo curso!!!