Eventos
LETRAS GALEGAS 2017
Con motivo das Letras Galegas, no Ceip San Marcos festexamos este día coa lectura dos acontecementos máis importantes da vida do escritor Carlos Casares por parte do alumnado de 3º de primaria. A continuación, pegamos a caricatura do escritor na galería para, de seguido, asistir á representación da obra teatral realizada polos estudantes de 6º. Saiulles xenial!
EXCURSIÓN A LEIRO
Onte, día 6 de xuño, os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, fomos de excursión á "Aldea Cavernícola" de Leiro. Alí xogamos nas colchonetas, fixemos tiro con arco, xogamos ao futbolín humano, bailamos, cantamos, "camiñamos" sobre a auga e, ao final da xornada, refrescámonos na auga do río. Pasámolo moi moi ben!