Eventos
EXPOSICIÓN NO CENTRO DO TRABALLO REALIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA
TALLER POLO DÍA DA NAI
Con motivo do día da nai, os nenos e nenas de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria, xuntáronse nun taller organizado polas profes para facerlle o regalo á mamá. O resultado foi unha convivencia positiva, de complicidade entre amigos e amigas á vez que o pasaban xenial preparando unha fermosa postal. Quedáronnos moitas ganas de repetir esta gran experiencia!!
UN MONSTRAGART
A nosa compañeira Elia, de 1º de primaria, decidiu escribir unha historia titulada "Un monstragart". Nela, aparecen todos os seus amigos e amigas da clase, os cales non coinciden en saber se a criatura aparecida na aula é un monstruo ou un lagarto.
TEATRO EN BANDE
Un ano máis, o centro San Marcos participa na mostra de teatro organizada en Bande. Este ano, o alumnado de 6º de primaria participou cunha obra visionada polos seus compañeir@s de 5º. Saiulles moi ben!!!!